Benvidos ao I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014)
Benvidos ao I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014) Imprimir

O I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía terá lugar do 6 ao 8 de novembro de 2014 no Departamento de Matemática da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) en Vila Real, organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

A realización conxunta deste encontro vén a reforzar e solidificar as colaboracións xa existentes entre as dúas sociedades, SPE e SGAPEIO, visando a promoción e a divulgación da Estatística nas áreas do medio ambiente e da ecoloxía, fomentando e dando inicio a novas discusións e proxectos. A extensión destes obxectivos a toda a comunidade científica nacional e internacional tornará certamente nun encontro máis frutífero.

Este encontro está dirixido a profesionais e usuarios da Estatística, académicos, investigadores e estudantes.

 

Obxectivos xerais:

1.Reforzar a proxección da Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía.
2.Ampliar o radio de acción das dúas sociedades a novos sectores das Ciencias Ambientais e da Ecoloxía.
3.Promover o intercambio e intensificar as relacións dentro de cada comunidade e entre as dúas comunidades estatísticas.

 

O encontro inclúe un programa de comunicacións orais e pósters, sesións plenarias, sesións convidadas, minicurso, unha mesa-redonda e diversas actividades sociais.

 

O Encontro de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía está patrocinado polo Centro de Matemática da Universidadade do Minho (CMAT), Centro de Matemática da UTAD (CM-UTAD), Centro de Investigação e de Tecnologias Agro-Ambientais e Biológicas (CITAB), Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL), o Instituto Nacional de Estatística de Portugal (INE), o Concello de Vila RealPSE – Produtos e Serviços de Estatística, o Banco Portugués de Investimento, o Hotel Miracorgo e o Proxecto Seivacorgo

SPE SGAPEIO cmutad

CITAB CEAUL CMAT

FCT UTAD INE

UTAD Produtos e Serviços de Estatística Banco Portugués de Investimento

Hotel Miracorgo Seivacorgo