Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA 2015

 

 

 

 

 

A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan unha XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada, que da continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición en Santiago de Compostela.

 

Esta actividade conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e  está financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Economía e Competitividad.

LUGAR E DATA:

Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.

Data de celebracion: 14 de novembro de 2015

 

INSCRICIÓN:

Período de inscrición: aberto ata o 11 de novembro de 2015.

 

SOFTWARE DO OBRADOIRO: Epidat 4.1

Descrición: Epidat 4.1 é un programa de libre distribución, multiplataforma e multilingüe, orientado á análise estatística e epidemiolóxica de datos. Está desenvolvido pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública co apoio da Organización Panamericana da Saúde e da Universidade CES de Medellín (Colombia).

Descarga: para descargar o programa so é necesario cubrir un breve formulario.

Instalación: O arquivo que se descarga non precisa instalación. Só é necesario descomprimilo nunha carpeta do sistema que teña permisos de escritura, e executar o arquivo epidat.jar que está dentro da carpeta do programa (chamada Epidat 4.1). Para funcionar correctamente, Epidat 4.1 require Java 6.0 Update ou superior.

 

 

PROGRAMA:

 

   

 

 

10.00-10.45

Experiencia:

"A coordinación de traballos de investigación para os concursos tipo Incubadora de Sondaxes e Experimentos"

 

Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (IES de Mugardos)

10.45-11.30  Experiencia: "¿Somos máis altos ou máis obesos? Estudo estatístico realizado por nenos de 3º da ESO"

 

Ana Domínguez López (Colegio Salesianos de A Coruña)

11.30-12.00 Descanso

 

 

12.00-14.00  Obradoiro: "Cómo realizar un proxecto de estatística. Exemplos prácticos"

 

Mª Jesús Casado Barrio (IES Monforte de Lemos)

Mª Esther López Vizcaíno (Instituto Galego de Estatística)

14.00-15.30 Descanso

 

 

15.30-17.30 Obradoiro de Epidat

 

Gael Naveira Barbeito (Consellería de Sanidade)

17.30-17.45 Descanso

 

 

17.45-18.30
 Experiencia: "Mestre Landín: as nosas experiencias"

 

Mª del Puerto Blanco de Santiago

18.30-19.30
 Conferencia: "A Estatística nos medios de comunicación"

 

Carlos Pío del Oro Sáez (USC)

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Reflexións e aplicacións da metodoloxía estatística a casos concretos

 

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates