A Universidade de Vigo organiza a V edición do curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiros e profesionais (responsables e técnicos) do control da calidade nas empresas.

O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é imprescindible ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.

O curso é fundamentalmente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados).

- Período de matrícula: do 1 ao 25 de maio de 2016.

- Período de docencia: do 1 ao 30 de xuño de 2016.

Máis información: Curso

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates