Curso de Estatística con R para profesorado de ensino medio

A SGAPEIO, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza un curso de “Estatística con R para profesorado de ensino medio”. O curso, de carácter non presencial, realizarase a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (TEMA-FAITIC).

Datas de celebración do curso: do 1 ao 31 de outubro de 2013 (40 horas lectivas).

Prazo de inscrición: do 5 ao 25 de setembro de 2013.

Cota de inscrición:

  • Xeral: 75€
  • Socios/as da SGAPEIO e persoas inscritas no XI Congreso da SGAPEIO: 25€ 

-Inscrición e matrícula: Web FAITIC

-PROGRAMA:

TEMA 1. Instalación  e primeiros pasos co programa estatístico “R”. Sintaxis. Estruturas de datos. Abrir/cerrar/importar/exportar datos. Operacións elementais cos datos.

TEMA 2. Estatística descriptiva con R: Táboas de frecuencias, promedios, medidas de resumen.

TEMA 3. Construción de gráficos estatísticos.

TEMA 4. Distribucións de probabilidade: Binomial, Poisson, Normal.

TEMA 5. Medidas de asociación entre variables: Correlación. Regresión lineal. Regresión loxística.

TEMA 6. Inferencia estatística I: intervalos de confianza, contraste de hipótese. Análise da varianza.

TEMA 7. Inferencia estatística II: contrastes non paramétricos.

O curso consiste nestas sete unidades didácticas coas súas correspondentes tarefas que os alumnos deberán realizar. A cualificación do curso será a media das obtidas nas tarefas máis un exame conceptual tipo test realizado ao final (equivalente a unha tarefa).

-PROFESORADO:

Antonio Vaamonde Liste, Catedrático de Estatística, Universidade de Vigo.

Salvador Naya Fernandez, Profesor Titular de Estatística, Universidade de A Coruña.

Tomás Cotos Yañez, Profesor Contratado Doctor, Universidade de Vigo.

Está en trámite o recoñecemento da Consellería de Educación como actividade de formación continua.

Máis información sobre o curso na web de FAITIC

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates