Novas da SGAPEIO, 18 de maio 2016

1.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)

Como sabedes, durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola SGAPEIO e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).

Queremos informarvos de varias cuestións:

- O prazo de inscrición a prezo reducido ampliouse ata o día 20 de maio.

- RENFE e IBERIA ofrecen descontos aos participantes para asistir ao Encontro: http://biometria.sgapeio.es/index.php/gl/como-chegar

- En canto ao aloxamento, a organización do Encontro dispón de prazas reservadas para congresistas, a prezos especiais, en varios hoteis da cidade: http://biometria.sgapeio.es/index.php/gl/aloxamento

Máis información: http://biometria.sgapeio.es

 

2.- Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference

Lembramos que o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference (GSNSI) os días 8 e 9 de Xuño do 2016.

A inscrición é gratuíta e realizarase antes do 31 de maio na seguinte ligazón: http://eio.usc.es/pub/gsnsi/index.php/gl/inscricion

Máis información: http://eio.usc.es/pub/gsnsi

 

3.- XVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas

O Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas (ENEM) é o congreso da ANEM (Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas), que é a asociación sectorial deste colectivo en España. É un congreso aberto a todos os estudantes de Matemáticas e Estatística das universidades españolas. A súa primeira edición celebrouse en Granada no ano 2000 (con motivo do Ano Internacional das Matemáticas), e desde entón celébrase anualmente en diversas cidades do Estado.

O ENEM reúne cada ano a mozos de todo o país, e é unha oportunidade moi boa para coñecer a estudantes de Matemáticas de diversas universidades e poñer en común ideas e desenvolver proxectos. Por iso, converteuse nun punto de encontro de ámbito nacional, chegando a superar os 200 participantes nalgunha das súas edicións.

Este ano, e por primeira vez desde que se empezou a celebrar o ENEM, vaise celebrar en Cataluña, concretamente en Barcelona do 25 ao 30 de xullo de 2016, e estará organizado conxuntamente por estudantes das tres universidades catalás que contan con estudos de grao de Matemáticas. Estas son a Universitat Autònoma de Barcelona, a Universitat de Barcelona, e a Universitat Politècnica de Catalunya.

Máis información: http://enembcn.anemat.com/

 

4.- VI Encontro Ibérico de Matemáticas RSME-SPM

A Real Sociedade Matemática Española (RSME) e a Sociedade Portuguesa de Matemática (SPM) organizan cada dous anos o Encontro Ibérico de Matemáticas RSME-SPM, a sexta de cuxas edicións se celebrará na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela do 6 ao 8 de outubro de 2016.

As edicións anteriores do Encontro Ibérico de Matemáticas leváronse a cabo en Lisboa (2007), Badaxoz (2008), Braga (2010), Valladolid (2012) e Aveiro (2014).

Seguindo a tradición das reunións anteriores, o Encontro estrutúrase ao redor de tres áreas científicas, que nesta ocasión son: Álxebra e Combinatoria, Ecuacións Diferenciais Parciais aplicadas en Fluídos e Materiais, e Informática Teórica / Ciencias da Computación.

O Comité Científico, integrado por Jorge Almeida, Luís Caires, Henar Ferreiro, Narciso Martí, Julian Pfeifle, Adélia Sequeira e presidido por Manuel Ladra, encargarase das tres sesións do Encontro organizadas ao redor de cada un dos temas. Nelas, ademais de conferencias por invitación, hai cabida para a presentación de charlas e pósteres.

Complétase o encontro con seis conferencias plenarias a cargo de Pedro V. Silva (Universidade de Porto), Rafael Sendra (Universidade de Alcalá), Ana Leonor Silvestre (Universidade de Lisboa), Pablo Pedregal (Universidade de Castela-A Mancha), Antónia Lopes (Universidade de Lisboa) e Salvador Lucas (Universidade Politécnica de Valencia).

Máis información: http://www.usc.es/congresos/iberomat

 

5.- Novena Reunión Española de Usuarios de Stata

A Reunión Española de Usuarios de Stata terá lugar na Universidade Pompeu Fabra o xoves 20 de Outubro de 2016. O obxectivo desta reunión é facilitar aos usuarios de Stata a oportunidade de intercambiar ideas, experiencias e información en novas aplicacións do programa. Todas aquelas persoas con interese no uso de Stata son benvidas.

Os invitados de StataCorpLP que asistirán á reunión son:

- Enrique Pinzón, Senior Econometrician en StataCorp.

- Isabel Cañete, Principal Mathematician and Statistician en StataCorp.

A data límite para enviar ponencias é o 26 de xuño de 2016, e as ponencias poden referirse aos seguintes temas:

- Programas desenvolvidos polo propio usuario ou o seu equipo.

- Casos prácticos de investigación ou docencia usando Stata.

- Discusión sobre temas relacionados co manexo dos datos.

- Revisión de temas analíticos.

- Críticas ou estudios das aplicacións de Stata en campos específicos.

Máis información: http://www.stata.com/meeting/spain16/

 

6.- 8º Encontro de Bioestatísticos na Complutense (ebc2016)

O día 6 de xuño de 2016 terá lugar na Facultade de Estudos Estatísticos da Universidad Complutense de Madrid, o 8º Encontro de Bioestatísticos na Complutense, titulado:

“Meta-análise: Metodoloxía Estatística”.

Os ponentes invitados son: Rafael Perera, da Universidad de Oxford e Javier Zamora e Alfonso Muriel do Hospital Ramón y Cajal.

Máis información: http://estudiosestadisticos.ucm.es/ebc

 

7.- Bolsa de iniciación á investigación

O grupo de investigación MODES (UDC) oferta unha bolsa de iniciación á investigación que vai dirixida a estudantes que desexen matricularse no Máster en Técnicas Estatísticas no vindeiro curso 2016-17, con vocación de realizar unha futura tese de doutoramento no marco dos temas de investigación que se desenvolven polo grupo, ben no ámbito da Estatística, ben no ámbito da Investigación de Operacións.

Presentación de solicitudes: ata o 6 de xullo de 2016.

Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/Anuncio_Bolsa.pdf

 

8.- Oferta de emprego da USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para o seguinte contrato:

Soft computing para soporte a la Inteligencia de Negocio en social workflows.- RETOS 2014 (Subproyecto coordinador.

- Centro de traballo: CITIUS.

- Investigador principal: Manuel Lama Penín.

- Traballo a realizar: Deseño e desenvolvemento de algoritmos de recomendación baseados en modelos de utilidade aleatorios.

- Retribución bruta mensual: 1.300 €.

- Duración do contrato: 4 meses e 6 días.

- Xornada laboral: tempo parcial.

- Categoría: Investigador/a asociado/a.

- Requisitos: Doutor en Estatística e Investigación Operativa.

Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1802_gl.pdf

 

9.- Vacante de científico de datos en DeustoTech

DeustoTech, o Instituto Tecnolóxico da Facultade de Enxeñería da Universidade de Deusto, oferta unha praza de “Científico de datos”.

Requisitos:

- Coñecementos de Estatística e Intelixencia Artificial. Valoraranse positivamente os cursos de estatística e probabilidade que se teñan realizado.

- Necesario dominar algunha linguaxe de programación. Valorarase positivamente os coñecementos de R.

- Nivel de inglés alto, tanto falado como escrito.

Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1221-2016-05-11-17-52-47

 

10.- Premios INE, Eduardo García España

O Instituto Nacional de Estadística convoca o Premio en Estatística Oficial 2016 “Premio INE, Eduardo García España” (BOE do 3 de maio de 2016), destinado a estimular a investigación científica, a innovación e o estudo no ámbito da estatística oficial entre académicos, investigadores e profesionais dos sectores público e privado.

O INE convoca este premio en colaboración coa Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) no marco do Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e as Jornadas de Estadística Pública que se celebrarán conxuntamente dentro das actividades da SEIO e que este ano se celebra en Toledo do 5 ao 7 de setembro de 2016.

Máis información: http://seio2016.com/es/c/premios-ine-e-garcia-espana

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates