A Real Sociedade Matemática Española (RSME) e a Sociedade Portuguesa de Matemática (SPM) organizan cada dous anos o Encontro Ibérico de Matemáticas RSME-SPM, a sexta de cuxas edicións se celebrará na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela do 6 ao 8 de outubro de 2016.

As edicións anteriores do Encontro Ibérico de Matemáticas leváronse a cabo en Lisboa (2007), Badaxoz (2008), Braga (2010), Valladolid (2012) e Aveiro (2014).

Seguindo a tradición das reunións anteriores, o Encontro estrutúrase ao redor de tres áreas científicas, que nesta ocasión son: Álxebra e Combinatoria, Ecuacións Diferenciais Parciais aplicadas en Fluídos e Materiais, e Informática Teórica / Ciencias da Computación.

O Comité Científico, integrado por Jorge Almeida, Luís Caires, Henar Ferreiro, Narciso Martí, Julian Pfeifle, Adélia Sequeira e presidido por Manuel Ladra, encargarase das tres sesións do Encontro organizadas ao redor de cada un dos temas. Nelas, ademais de conferencias por invitación, hai cabida para a presentación de charlas e pósteres.

Complétase o encontro con seis conferencias plenarias a cargo de Pedro V. Silva (Universidade de Porto), Rafael Sendra (Universidade de Alcalá), Ana Leonor Silvestre (Universidade de Lisboa), Pablo Pedregal (Universidade de Castela-A Mancha), Antónia Lopes (Universidade de Lisboa) e Salvador Lucas (Universidade Politécnica de Valencia).

Máis información: iberomat

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates