A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) colaboran na convocatoria e adxudicación dos Premios de investigación Matemática “Vicent Caselles”. Estes Premios están dirixidos a investigadores en matemáticas, españois ou que teñan realizado o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, cuxa idade sexa como máximo 30 anos ao finalizar o ano 2015 (salvo o disposto no Art. 6 das bases).

Nesta convocatoria concederanse seis premios, cada un cunha dotación bruta de 2.000 euros, e todos eles na mesma modalidade de Investigación Matemática. Entre as ramas de Investigación Matemática ás que se refiren os Premios, atópase a Estatística.

Convocatoria: Premios-VicentCaselles

Máis información: Premios

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates