Gran Serpe

Setembro do ano 1000. Olaf, rei de Suecia, e mais Svein, rei de Dinamarca, xuntan as súas forzas contra Olaf Trigvesson, rei de Noruega. A súa frota conxunta de máis de setenta barcos agarda oculta tras a illa de Svolder o paso do lexendario drakkar “Gran Serpe” do seu inimigo. Un traidor, Sigvalde, tenta levar a frota norueguesa de once barcos a través dun estreito paso cara á emboscada preparada polos seus inimigos.

Gran Serpe é o barco máis grande de Trigvesson e sería doadamente recoñecido entre o conxunto da frota, pero os seus inimigos non o viran antes e os 11 barcos van pasar o canal, un por un, en orde aleatoria, sen que sexa posible ver máis naves que a que vai saíndo do estreito, e tan alonxadas entre si que, se a coalición ataca un barco que non sexa a nave real, alertará aos seguintes e o rei fuxirá.

“Svein, alí vén o primeiro, e parece grande… Será o do rei…? Ataquemos…!”, “Non, Olaf... non sabemos se é o rei. Quizais pase en derradeiro lugar, ou no medio… elixiremos ao chou un número entre un e once, e ese será a nosa presa, non temos alternativa mellor”.

Hai alternativa? Tes algunha estratexia que permita a Olaf e a Svein elixir mellor a súa presa?

Solución

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates