Amancio, a súa muller e outros catro matrimonios

Cinco matrimonios manteñen o costume de xuntarse de cando en vez para cear. Un dos asistentes a estas xuntanzas é Amancio.   Cando estas persoas chegan ó restaurante, como é normal, moitos deles danse a man; pero non todos, por exemplo os cónxuxes veñen xuntos e non se dan a man, e outros tampouco se dan a man por diferentes motivos.   Unha vez que estaban todos sentados a carón da mesa, a Amancio ocúrreselle preguntar ás outras nove persoas a cantas das persoas da mesa lle deran a man ó chegar ó restaurante, comprobando que todas elas responden un número distinto.   Con esta información, ¿a cantas persoas lle deu a man a muller de Amancio?. E ¿a cantas o propio Amancio?

Ver solución

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates