image1 image1 image1

Xornada sobre Big Data e Estatística

A SGAPEIO ten o pracer de anunciar a Xornada sobre Big Data e Estatística, que terá lugar na facultade de Informática da Universidade da Coruña, o 19 de xuño de 2015.

Esta xornada está organizada pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), o grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.

A realización conxunta deste encontro ven reforzar e solidificar as colaboracións xa existentes entre a SGAPEIO e os distintos grupos de investigación das universidades galegas, para a promoción e divulgación da Estatística e da Investigación Operativa. A extensión destes obxectivos a toda a comunidade científica e o mundo empresarial fará que a xornada sexa máis frutífera.

A xornada inclúe un programa de sesións plenarias e un minicurso.

A inscripción na xornada é gratuíta, pero aínda así é necesario inscribirse, a data límite é o 7 de xuño de 2015.

Sesións Plenarias:
 - Amparo Alonso Betanzos, Universidade da Coruña.
- Ery Arias Castro, University of California, San Diego.
- Carme Artigas Brugal, Synergic Partners, Barcelona.
- Daniel Peña Sánchez de Rivera, Universidad Carlos III de Madrid.

Obradoiro de Big Data: Análise estatístico de redes con R
- Pedro Galeano San Miguel, Universidad Carlos III de Madrid.

Máis información: http://bigdata.sgapeio.es/

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates