image1 image1 image1

2013: Ano Internacional da Estatística

 

O Ano Internacional da Estatística ("Statistics2013") foi unha celebración a nivel mundial e un recoñecemento ás múltiples contribucións da Estatística ao progreso da nosa sociedade. A través da coordinación de máis de 1.400 organizacións en todo o mundo, Statistics2013 pretendía divulgar a importancia da Estatística entre a comunidade científica, as empresas, a Administración Pública, os medios de comunicación, os traballadores, os estudantes e o público en xeral.

 

 

OBXECTIVOS:

-  Aumentar a conciencia pública sobre o impacto da Estatística en tódolos aspectos da sociedade.

-  Promocionar a Estatística como unha profesión, especialmente entre a xente nova.

-  Promocionar a investigación, o desenvolvemento e a innovación da Probabilidade e da Estatística.

 

 

VÍDEO DE PRESENTACIÓN:

O vídeo de presentación do Ano Internacional da Estatística, elaborado polo Institulo SAS, reflicte como a estatística inflúe nas nosas vidas de diferentes xeitos.

 

ACTIVIDADES:

A SGAPEIO uniuse á celebración do Ano Internacional da Estatística organizando diversas ACTIVIDADES que tiveron lugar ao longo do ano 2013:

 

Febreiro Acto de apertura do Ano Internacional da Estatística e Asemblea Xeral da SGAPEIO   

 

Lugar: 
Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela

Datas: 
16 de febreiro de 2013

Organiza: 
SGAPEIO

Programa: 
Conferencia divulgativa e Asemblea Xeral da SGAPEIO

Xuño
III concurso "Incubadora de Sondaxes e Experimentos"

 

Datas:
- Inscrición: do 10 de decembro de 2012 ao 8 de febreiro de 2013
- Envío de traballos: do 1 ao 30 de abril de 2013
- Fallo do xurado: 6 de xuño de 2013
- Entrega de premios: 20 xuño de 2013

Organiza:
SGAPEIO en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié

Páxina web
III Incubadora

Xullo
III Fase Nacional dos concursos tipo "Incubadora de Sondaxes e Experimentos"

 

Lugar: 
Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela

Datas: 
3-4 de xullo de 2013

Organiza: 
SGAPEIO e Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) 

Páxina web
III Incubadora Nacional

Xullo I Encontro Portugués de Biometría e I Encontro Luso-Galaico de Biometría

 

Lugar: 
Escola de Ciências da Universidade do Minho en Braga (Portugal)

Datas: 
14-16 de xullo de 2013

Organiza: 
SGAPEIO e Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE)

Páxina web: 
Encontros Biometría

Outubro XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

 

Lugar: 
Fundación Barrié, A Coruña

Datas: 
24-26 de outubro de 2013

Organiza: 
SGAPEIO e Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña

Páxina web: 
XI Congreso SGAPEIO

Novembro Xornadas sobre o Ensino da Estatística

 

Lugar: 
Fundación Barrié, A Coruña e Vigo

Datas: 
- A Coruña: 9 de outubro de 2013 

- Vigo: 16 de outubro de 2013

Organiza: 
SGAPEIO e AGAPEMA, en colaboración con educaBarrié

Páxina web: 
Xornadas Estatística

Decembro Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística   

 

Lugar: 
Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela

Datas: 
19 de decembro de 2013

Organiza: 
SGAPEIO

Programa: 
Acto de Clausura

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates