image1 image1 image1

As tres fillas de Carmen

Despois dunha morea de anos sin verse, dúas vellas amigas, Carmen e María, coinciden nunha rúa da parte vella de Santiago. Extraemos parte da súa conversación: - Carmen: Pois sí, caseime fai varios anos e xa teño tres fillas. - María: ¿E qué idades teñen as túas fillas?. - Carmen (sabendo que María é moi afeccionada ós problemas de matemáticas): Pois mira, o producto das súas idades é 36 e a suma coincide co número da casa que temos diante. - María (despois de mirar o número da casa): Paréceme ben. Pensarei a solución. ¿qué che parece se nos vemos esta tarde e falamos de todos estos anos. - Carmen: Dacordo. E pola tarde ... - Carmen: ¿Sabes xa as idades das miñas fillas? - María: Estiveno pensando pero faltame un dato. - Carmen: Tés razón. A maior toca o piano. ¿Cal é o número da casa onde se atoparon Carmen e María? ¿Cantos anos teñen as tres fillas de Carmen?

Ver solución

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates