image1 image1 image1

Dilema do tesoureiro

En Scissorsland, importante país exportador de froita, hai un partido político, o QueQue, que ten un corrupto entre as súas filas. Comezaron a publicarse algúns detalles comprometedores, e o partido ten dúas opcións: defendelo (D) ou repudialo (R).

O corrupto ten á súa vez dúas opcións: ocultar (O) ou “cantar” (C) información que non lle comprometa moito a él directamente, pero sí ao QQ.

A situación é negativa para ambos en calquera dos casos, xa que o partido so pode intentar minimizar a perda de votos e os danos á súa imaxe, e o corrupto só pode intentar reducir a multa ou prisión, pero ambos buscan o mellor resultado -o menos malo- aplicando criterios de racionalidade que lles permitan predecir a estratexia que utilizará finalmente a outra parte, e decidir con esa base a súa propia estratexia. Valoremos as catro combinacións posibles:

Para o QQ a peor opción é claramente defendelo e que cante (DC), seguida de repudialo e que cante (RC), defendelo e que non cante (DO), e por último repudialo e que non cante (RO). Esta última é a mellor, xa que lle permitiría amosar públicamente o seu compromiso contra toda sospeita de corrupción e non sufrir ningunha consecuencia.

Para o corrupto, ésta é precisamente a peor combinación (RO, ocultar a información e ser aínda así repudiado), seguida de ser repudiado e cantar (RC, colabora coa xustiza e vende a información), ocultala e ser defendido (DO), e confesar e ser defendido de todas formas (DC).

¿Cal será o resultado previsible? ¿Qué decidirán os dous actores deste xogo de estratexia si ambos aplican estrictos criterios de racionalidade?

 

Ver solución

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates