Novas SGAPEIO 30-xaneiro-2013

1.- III Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que o prazo para inscribirse na III edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos remata o venres desta semana, día 8 de febreiro de 2013.
Toda a información sobre o concurso está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- Asemblea Xeral da SGAPEIO
Como xa anunciamos, o dia 16 de febreiro de 2013 está convocada a Asemblea Xeral da SGAPEIO, que se celebrará no salón de actos da Facultade de Matemáticas.
Antes da Asemblea terá lugar o acto de apertura do Ano Internacional da Estatística, que estará presidido por:

- O presidente da SGAPEIO
- A decana da Facultade de Matemáticas
- Os directores dos departamentos de Estatística das tres universidades galegas
- O Director do Instituto Galego de Estatística
"Ata onde as finanzas se poden contar"
Silvia Barco Tato
Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego

Contamos coa vosa asistencia.

3.- Bolsas do MECD para a formación e a investigación
O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca 72 bolsas para a formación e a investigación en diferentes materias aplicadas á educación (BOE nº 24 do 28 de xaneiro de 2013). Entre as bolsas que se ofrecen está a seguinte:
- Título: Actividades relacionadas coa observación das cualificacións e a súa evolución.
- Número de bolsas: 1
- Requisitos de titulación por orde de prioridade: Licenciaturas en Ciencias e Técnicas Estatísticas, en Investigación e Técnicas de Mercado e Diplomatura en Estatística. Grao en Estatística, Estatística Aplicada, Estatística e Empresa, e en Marketing e Investigación de Mercados.
Presentación de solicitudes: ata o 17 de febreiro de 2013.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2013/01/28/pdfs/BOE-A-2013-808.pdf

4.- Bolsas de posgrao da Fundación Barrié
A Fundación Barrié convoca 35 bolsas para a movilidade internacional destinadas a realizar estancias de investigación en centros de excelencia internacional (30 predoutorais e 5 postdoutorais) e 10 bolsas para a realización de estudos de máster no extranxeiro. Presentación de solicitudes: ata o 31 de marzo de 2013
Máis información: http://becasposgrado.fbarrie.org/?q=homepage

5.- Director Epidemiology Biostatistician in Novartis Barcelona, Spain
Job Description
The Director Epidemiology Biostatistician is responsible for providing support on biostatistic methods and quantitative analysis applied to all the epidemiological studies in support to clinical development, clinical safety investigation, risk management, and benefit-risk assessment across therapeutic areas and health authority requests.
He/she provides statistical support to many projects in epidemiology, critical reviews on statistical methods and data analysis plans for multiple epidemiological studies and identifies and employs new analysis methods in population-based health care databases.
Desired Skills and Experience
- Education: MSc in statistics or related area (PhD preferred)
- Experience/Professional requirement:
- 1-3 years of postgraduate experience in biostatistics applied to epidemiology as reflected in research projects, publications, etc.
- Good epidemiology knowledge and strong data analysis skills.
- Ability to work independently on large databases using SAS proficiently for data management, analysis and reporting.
- Strong computer and project management skills.
- Prior experience of working with large healthcare databases
- Fluent English (oral and written)
If you are interested in this position, please contact:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. or Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates