Novas SGAPEIO 05-marzo-2013

1.- Exposición RSME-Imaginary-Santiago
A exposición itinerante RSME-Imaginary, organizada pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) con ocasión do seu centenario en 2011, poderá visitarse en Santiago dende o 15 de marzo ata o 16 de maio de 2013, na Igrexa da Universidade. A SGAPEIO colabora coa organización deste evento.
Trátase dunha exposición visual e interactiva, na que se poden atopar imaxes, pantallas táctiles, esculturas e obxectos de natureza matemática, e vén acompañada por diversas actividades como conferencias divulgativas, concursos e talleres, dirixidos ao público en xeral. RSME-Imaginary-Santiago conta, ademais, cunha exposición fotográfica: “O sabor das Matemáticas”, onde se amosan doce pratos excepcionais creados polo Café de París de Málaga, distinguido cunha estrela Michelín, que o matemático e fotógrafo Pedro Reyes Dueñas reflectiu a través da súa pegada.
O prazo de inscrición para visitas guiadas e titorizadas para grupos de estudantes (alumnado de Bacharelato e dos últimos cursos da ESO, así como de estudantes universitarios) está aberto ata o 12 de marzo ou ata o momento en que todas as datas sexan cubertas.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/imaginary/

2.- Oferta para un estatístico en BIOKIT
BIOKIT, SA, empresa de biotecnoloxía ubicada no Vallés Oriental, do grupo empresarial Werfen Group, desexa incorporar ao seu departamento de I+D un bioestatístico/a. A actividade principal de Biokit é a investigación, producción e comercialización de reactivos de diagnosis in vitro de enfermidades infecciosas, proteínas séricas e trastornos da coagulación.
As persoas interesadas deben remitir o seu CV e unha carta de presentación ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información: http://www.seio.es/Becas-y-Ofertas-de-empleo/Contratacion-Estadistico-BIOKIT.html

3.- Open position at IRB Barcelona
IRB Barcelona seeks a Biostatistics Group Leader and Head of the Biostatistics/Bioinformatics Core Facility Service
(http://www.irbbarcelona.org/bioinformatics). The ideal candidate will hold a PhD in Biostatistics, Statistics or a related discipline. The candidate is expected to:
1) Pursue internationally renowned research, developing new biostatistics and bioinformatics methods as integral components to IRB’s multi-disciplinary approach.
2) Collaborate with the IRB research laboratories including the analysis of data derived from high-throughput experiments as well as advise on statistics.
Applications including a CV, copies of the three most relevant publications, short prospective plan and the names of at least three referees should be sent to Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
More information: http://www.seio.es/Becas-y-Ofertas-de-empleo/OPEN-POSITION-AT-IRB-BARCELONA.html

4.- ICRA5 e WSMC7
A Universidade Aberta, o Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL), e o Instituto Politécnico de Tomar (Portugal) organizan conxuntamente dous eventos que forman parte das actividades de celebración do Ano Internacional da Estatística:
- ICRA5: 5th International Conference on Risk Analysis, 28 e 29 de maio de 2013.
- WSMC7: 7th Workshop on Statistics, Mathematics and Computation, 30 de maio e 1 de xuño de 2013.
Os dous encontros terán lugar no Instituto Politécnico de Tomar (Portugal).
Máis información:
https://sites.google.com/site/2013wsmc7/ e https://sites.google.com/site/2013icra5/

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates