Novas SGAPEIO 07-maio-2013

1.- III Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O pasado martes, día 30 de abril de 2013, rematou o prazo para que os grupos inscritos na III Incubadora de Sondaxes e Experimentos enviasen os seus traballos. En total estaban inscritos 49 grupos, dos que se recibiron 23 traballos (47%). Os datos por categorías son os seguintes:
- 1º e 2º de ESO: 18 inscritos, 8 traballos recibidos (44%)
- 3º e 4º de ESO: 18 inscritos, 14 traballos recibidos (78%)
- 1º e 2º de Bacharelato: 13 inscritos, 1 traballos recibidos (7%)
A principios do mes de xuño darase a coñecer o fallo do xurado.

2.- Palabrario estatístico de educaBarrié
A Fundación Barrié, con motivo da celebración do Ano Internacional da Estatística, convidou á SGAPEIO a colaborar no Palabrario de educaBarrié aportando unha lista de termos de Estatística e de Investigación Operativa.
Segundo educaBarrié "Palabrario é un glosario de termos de distintas disciplinas relacionadas co Patrimonio, a Ciencia e a Economía. Os termos son definidos por expertos e investigadores en cada área e veñen acompañados dun breve resumo da súa traxectoria profesional. Palabrario pretende acercar á escola a investigación actual e as persoas que a fan posible".
Dende SGAPEIO elaborouse unha lista de termos de Estatística e de Investigación Operativa para incluir no Palabrario; estes termos foron definidos polos membros do Consello Executivo e outros socios e socias, aos que agradecemos a súa colaboración. Ao longo das vindeiras semanas, iranse poñendo na web de educaBarrié dous termos por semana. Comezamos a serie cos seguintes:
- Teoría de xogos (http://www.educabarrie.org/palabrario/teoria-de-juegos), definido por Ignacio García Jurado.
- Bioestatística (http://www.educabarrie.org/palabrario/teoria-de-juegos), definido por Sonia Pértega Díaz.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/palabrario

3.- Conferencia na Facultade de Informática da UDC
Conferencia “Calibration of stochastic volatility models from option prices” do profesor Jorge Zubelli, IMPA (Brasil):
- Data: 8 de maio de 2013.
- Horario: 10:00-11:00h.
- Lugar: aula do máster de Enxeñería Matemática da UDC.
Poderá seguirse por videoconfencia dende as aulas do máster de Enxeñería Matemática na USC e UVigo.

4.- Máster en Técnicas Estatísticas
O Máster en Técnicas Estatísticas é un máster interuniversitario organizado polas tres Universidades galegas: A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela (universidade coordinadora). Ademais, participan profesores invitados de recoñecido prestixio de universidades nacionais e estranxeiras.
A duración do mesmo é dun ano e medio. Para obter o título de máster débense completar 90 créditos (en xeral, 60 o primeiro ano e 30 o segundo). A modalidade de ensino é presencial e os cursos séguense por videoconferencia.
O Máster divídese en tres cuadrimestres:
- Primeiro cuadrimestre: Fundamentos de Estatística e Investigación Operativa.
- Segundo cuadrimestre: Materias avanzadas.
- Terceiro cuadrimestre: Materias especializadas e Traballo Fin de Máster (traballo relacionado coa abordaxe e proposta de solución dun problema práctico, ou co inicio á investigación). Existe a posibilidade de realizar o Traballo Fin de Máster a través de prácticas en empresas.
Obxectivos:
- Orientación académica: obter unha formación avanzada en Estatística e Investigación Operativa, tanto no aspecto teórico como no aplicado.
- Orientación investigadora: capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa. Dar os primeiros pasos na investigación, que se culminan na elaboración dunha tese de doutoramento.
- Orientación profesional: proporcionar formación sobre á aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación Operativa que son valiosos na práctica profesional en múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñería, entre outros, así como nas actividades que requiren investigación, para as cales os métodos estatísticos son indispensables.
O Máster está dirixido a graduados e profesionais interesados en obter formación avanzada en técnicas estatísticas. Ademais, da acceso a un programa de doutorado (tamén interuniversitario) na área de Estatística e Investigación Operativa e, por tanto, diríxese tamén a aquelas persoas interesadas en iniciar unha etapa pre-doutoral.
O título del Máster ofrece a posibilidade de emplearse como profesional da estatística en:
- Empresas do sector financeiro.
- Empresas do ámbito da saúde.
- Administracións públicas.
- Empresas de investigación social.
- Laboratorios de investigación e desenvolvemento.
- En moitas outras actividades profesionais.
Contacto:
Hai un coordinador por cada universidade.
- Balbina Casas Méndez - Coordinador Xeral e da Universidade de Santiago de Compostela (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
- Jacobo de Uña Álvarez - Coordinador da Universidade de Vigo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
- Germán Aneiros Pérez - Coordinador da Universidade da Coruña (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
Sitio da web: http://eio.usc.es/pub/mte

5.- Curso "Introduction to Bayesian Item Response Modeling"
O días 6 e 7 de xuño de 2013 celebrarase na Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa, un minicurso titulado "Introduction to Bayesian Item Response Modeling", impartido polo profesor Jean-Paul Fox do Department of Research Methodology, Measurement and Data Analysis da University of Twente, Países Baixos.
A Teoría da Resposta ao Ítem (TRI) é un paradigma xeral para a planificación e a análise dos cuestionarios, medindo as habilidades e as actitudes dos individuos observados nos estudos da Educación, Psicoloxía, Investigación, Saúde, etc. Este minicurso está dirixido a estatísticos, psicometristas, profesionais en Ciencias da Educación, Sociais e Biomédicas, e outros investigadores que estean interesados en participar neste enfoque de modelado estatístico baixo a perspectiva bayesiana.
Para participar no minicurso hai que encher o formulario de inscrición que se encontra na páxina web do minicurso (http://ceaul-course-birm.weebly.com) tan pronto como sexa posible.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates