Novas SGAPEIO 10-setembro-2013

1.- Curso de Iniciación ao software R
A spin-off de Bioestatística da USC Biostatech S.L., coa participación do grupo de investigación GRID[ECMB] da USC e da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET) organiza o curso “Iniciación ao software R. Aplicacións en investigación”.
O curso impartirase no Aulario Novoa Santos (Aula 1) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela do 23 ao 26 de setembro de 2013 en horario de 16:00 h a 21:00 h cun importe de 200 euros (IVA incluído).
Máis información: www.biostatech.com

2.- Oferta de contrato predoutoral
Oferta de contrato predoutoral (subprograma estatal de formación) asociado a proxecto de investigación do programa nacional.
- Título do proxecto: “Análisis Espacio-Temporal: Complejidad Estructural, Comportamiento Extremal y Medidas de Información Generalizadas”.
- Referencia: MTM2012-32666.
- Organismo: Universidad de Granada.
- Responsable do proxecto: Prof. José Miguel Angulo Ibáñez (Departamento de Estadística e Investigación Operativa).
- Duración do contrato (baixo renovación anual): 4 anos.
Os candidatos deberán ser preferentemente Licenciados (ou titulación equivalente) en Estatística ou en Matemáticas, cun expediente académico alto.
Máis información: http://www.seio.es/Becas-y-Ofertas-de-empleo/OFERTA-DE-CONTRATO-PREDOCTORAL-SUBPROGRAMA-ESTATAL-DE-FORMACI-N.html

3.-Premio José Luis Rubio de Francia 2013
A Real Sociedad Matemática Española, co patrocinio da Universidad Autónoma de Madrid e a Universidad de Zaragoza, convoca o premio «José Luis Rubio de Francia» para xovenes investigadores e investigadoras en Matemáticas na súa edición do ano 2013 cunha dotación económica de 3000 €.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1309/73/

4.-XXVI Congreso ENCIGA
O XXVI Congreso de ENCIGA terá lugar en Ourense os días 22, 23 e 24 de novembro de 2013. Lugar: IES Eduardo Blanco Amor.
Datas importantes:
- Data límite para a inscrición: 14 de novembro de 2013
- Data límite para o envío de resumos: 18 de novembro de 2013
- Data límite para o envío de ponencias completas: 25 de outubro de 2013
Máis información: http://www.enciga.org/?q=node/289

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates