Novas SGAPEIO 23-setembro-2013

1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Reiniciamos a publicación de termos estatísticos no Palabrario de educaBarrié cos dous seguintes termos:
- Distribución normal, definido por Rosa Mª Crujeiras Casais.
- Modelos de Transporte, definido por José Manuel Colmenero Álvarez.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario

2.- Exposición "Arte e Ciencia"
O día 19 de setembro inaugurouse na Deputación Provincial de Lugo a exposición Arte e Ciencia, que permanecerá aberta ata o día 20 de novembro de 2013. O obxectivo fundamental da exposición, organizada por IGACIENCIA, é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia e a arte.
Destinatarios:
- Público xeral
- Profesorado
- Grupos de profesorado e alumnado
Máis información: http://www.igaciencia.eu/drupal7/

3.- 6ª Reunión Española de Usuarios de Stata
O vindeiro 10 de outubro de 2013 terá lugar a 6ª Reunión Española de Usuarios de Stata na Universidad Carlos III de Madrid. Esta reunión proporcionará aos usuarios de Stata a oportunidade de intercambiar ideas, experiencias e información sobre novas aplicacións de Stata.
Máis información: http://www.stata.com/meeting/spain13/

4.- II Xornadas de Consultoría Estatística e Software
No marco do Ano Internacional da Estatística, o Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona, e o Centre de Recerca Matemàtica (CRM) organizan a segunda edición das Xornadas de Consultoría Estatística e Software, que terán lugar os días 23, 24 e 25 de outubro de 2013. A data límite para a presentación de abstracts é o día 1 de outubro.
As ponencias agruparanse en 3 bloques de temáticas diferentes:
- Bioinformatics and Big data
- Biostatistics and Clinical Trials
- Business Analytics and other applications
A inscripción ás Xornadas é de 50€. Os estudantes de grao terán inscrición gratuíta. Previamente ás Xornadas (martes 22) realizarase o curso "Análisis de SNPs en estudios de asociación genética como herramienta para la biomedicina personalizada" impartido por Juan Ramón González (Investigador do Centre de Recerca en Epidemiologia Ambiental, CREAL).
Máis información: http://jornades.uab.cat/consultoriaestadistica2/

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates