Novas SGAPEIO 02-outubro-2013

1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Inferencia estatística, definido por Tomás Cotos Yáñez.
- Simulación, definido por Silvia Lorenzo Freire.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario

2.- Xornada sobre o Ensino da Estatística
Recordade que está aberto o prazo para inscribirse na Xornada sobre o Ensino da Estatística que se celebrará en Vigo e A Coruña, organizada por SGAPEIO , AGAPEMA e a Fundación Barrié.
Toda a información en: http://bit.ly/18PO4Ul

2.- I Xornada de Usuarios de R en Galicia
O vindeiro xoves, 10 de outubro, terá lugar en Santiago, no Centro de Novas tecnoloxías de Galicia a I Xornada de Usuarios de R, organizada por MeLiSA (Asociación de Usuarios e Software Libre de Terra de Melide) dentro das actividades integradas no convenio asinado coa AMTEGA, e conta coa colaboración do CNTG, a OSL do CIXUG, e a Xunta de Galicia Esta xornada nace co obxectivo de xuntar a toda a comunidade de usuarios de R nun mesmo foro en Santiago de Compostela, e coa intención de por en común as experiencias e os traballos que se están a relizar na nosa comunidade autónoma e, deste xeito, ter unha visión global das oportunidades e os campos de acción desta ferramenta e interactuar pesoalmente cos profesionais que están a utilizala.
A asistencia á xornada é totalmente de balde, pero é preciso inscribirse a través de http://webmelisa.es/xornada-r/

3.- Bolsas de postgrao en Estatística no Instituto Nacional de Estadística
O Instituto Nacional de Estadística (INE) convoca 12 bolsas para a formación de postgraduados. A súa finalidade é a de fomentar e promocionar a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos.
Destinatarios: titulados universitarios relacionados co coñecemento estatístico
Duración: 6 meses (prorrogable hasta cumprirse 2 anos)
Data de inicio: 1 de decembro de 2013
Prazo para a presentación de solicitudes: ata o 15 de outubre de 2013
Máis información en: http://www.boe.es/boe/dias/2013/09/26/pdfs/BOE-A-2013-10017.pdf

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates