Novas SGAPEIO 22-outubro-2013

1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Contraste de hipóteses, definido por María del Carmen Iglesias Pérez.
- Nivel de significación, definido por María del Carmen Iglesias Pérez.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario

2.-Número 36 de Informest
Xa está dispoñible na web da SGAPEIO, no apartado de PUBLICACIÓNS, o número 36 do boletín Informest, que ten o seguinte sumario:
Colaboracións:
- A Lotería do Nadal
- Os avatares de MEeN en Galicia
- E ti como empezas o día?
- Estatística recreativa
- Novas da SGAPEIO
- IGE

3.-XI Congreso SGAPEIO
Lembramos que o vindeiro xoves 24 de outubro de 2013 comeza o XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, que se vai celebrar na sede da Fundación Barrié na cidade da Coruña. Dentro do programa do Congreso terá lugar, o venres 25 ás 19:00 horas, a Asemblea Xeral da SGAPEIO na que sairá elixido o novo Consello Executivo.
Máis información: http://xisgapeio.udc.es/

4.- Conferencias na Facultade de Matemáticas
A vindeira semana impartiranse dúas conferencias na Facultade de Matemáticas.
- Día: 29 de outubro de 2013
- Lugar: Aula Departamento de Análise, Facultade de Matemáticas
- Conferencia 1 (12:00 h): An Introduction to Bayesian Structured Additive Distributional Regression. Nadja Klein, Chair of Statistics, Georg-August-University Göttingen.
- Conferencia 2 (13:00 h): Structured Additive Distributional Regression in Fishery Research. Valeria Mamouridis, Institut de Cièncias del Mar (ICM-CSIC).

5.- Curso de Meta-análise en rede
O curso Metanálise en rede (NETWORK META-ANALYSIS) terá lugar os días 13 e 14 de decembro de 2013 en Lisboa. Está organizado pola Facultade de Medicina de Lisboa en colaboración co Centro Colaborador Portugués da Red Cochrane Iberoamericana e o Grupo de Revisión Cochrane de Enfermedades de Movimiento.
O curso vaise impartir en castelán, e está dirixido a profesionais sanitarios, persoal de investigación en ciencias da saúde, ciencias sociais ou economía, con coñecementos básicos de revisións sistemáticas e metanálise, e con interese na aplicación das comparacións indirectas e a súa extensión ao metanálise en rede.
Máis información: http://www.fm.ul.pt/#4572

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates