Novas SGAPEIO 28-outubro-2013

1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Regresión, definido por María Amalia Jácome Pumar.
- Correlación, definido por Esther Calvo Ocampo.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario

2.- Novo Consello Executivo da SGAPEIO
Na última Asemblea Xeral da SGAPEIO, celebrada o pasado 25 de outubro de 2013 na cidade da Coruña, durante a celebración do XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, quedou elixido o novo Consello Executivo da Sociedade, composto por:
- Balbina Casas Méndez. Universidade de Santiago de Compostela.
- Mª Esther López Vizcaíno. Instituto Galego de Estatística.
- Soly Santiago Pérez. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.
- Tomás Cotos Yáñez. Universidade de Vigo.
- Silvia María Lorenzo Freire. Universidade da Coruña.
- Maria Jesús Casado Barrio. IES Fco. Daviña Rey, Monforte de Lemos (Lugo).
- Javier Roca Pardiñas. Universidade de Vigo.
- María José Ginzo Villamayor. Universidade de Santiago de Compostela.
- Rebeca Villaverde López. ANOVA Multiconsulting.
- Paula Raña Míguez. Universidade da Coruña.
Como xa é habitual, proximamente publicarase a acta da Asemblea na web da SGAPEIO.

3.-Premio investigadores novos no XI Congreso SGAPEIO
O xurado do premio á mellor comunicación presentada no XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións por un investigador novo acordou conceder o premio a Eduardo García Portugués pola comunicación "GOODNESS OF FIT TESTS FOR DIRECTIONAL AND LINEAR DATA", da que son coautores Rosa M. Crujeiras e Wenceslao González Manteiga. O premio foi convocado pola SGAPEIO en colaboración con educaBarrié e tivo unha dotación económica de 500 €.
Resumo da comunicación: http://xisgapeio.udc.es/resumenes/245_40_paper.pdf

4.-Xornada sobre o Ensino da Estatística
Lembramos que o vindeiro xoves día 31 de outubro de 2013 remata o prazo para inscribirse na Xornada sobre o Ensino da Estatística que organizan conxuntamente a SGAPEIO e AGAPEMA en colaboración con educaBarrié, e que terá lugar os días 9 e 16 de novembro de 2013 na Coruña e Vigo, respectivamente.

Máis información: http://goo.gl/N0Pbse
5.- Xornada: "A modelización da Terra en Galicia"
Con motivo da declaración do ano 2013 pola Unesco como Ano internacional das Matemáticas para o Planeta Terra, o Consello da Cultura Galega (CCG) organiza a xornada "A modelización da Terra en Galicia. Unha nova ollada sobre o pais", que terá lugar o vindeiro día 7 de novembro de 2013 en Santiago de Compostela.
A xornada estará coordinada por Elena Vázquez Cendón, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG, e contará coa presenza dos expertos Amable Liñán, Rafael Crecente, Vicente Pérez Muñuzuri, Jerónimo Puertas, Ramón Gómez Gesteira, María Loureiro, Julio Rodríguez Taboada e Juan M. Viaño Rey.
Máis información: http://consellodacultura.org/evento.php?id=200148

6.-Presentación do libro “Betanzos magic town”
O día 6 de novembro, ás 20:00 horas, presentarase na Librería Couceiro de Santiago o libro “Betanzos magic town. Análise da validez do test Betanzos nas eleccións autonómicas de Galicia”. Intervirán os seus autores, Carmen Cotelo e Salvador Naya, presentados por Xosé Luis Barreiro Rivas.

7.- Actividades do Ano internacional da Estatística

- II Ciclo de Conferencias AIE: Programa do segundo ciclo de conferencias organizadas no Dpto de Estatística e I.O. da UGR con motivo da celebración do Ano Internacional da Estatística. A dirección web da páxina creada en Granada para celebrar este evento é http://www.ugr.es/~cctecnie/AIE/AIE.html

- Mesa redonda: O vindeiro 7 de novembro, ás 18:00 horas terá lugar na Facultad de Estudios Estadísticos da Universidad Complutense de Madrid unha mesa redonda titulada "Unha panorámica do ensino da Estatística en España: dificultades e estratexias de mellora".
Pretende ser un foro de discusión, análise e debate sobre o ensino da Estatística nos niveis preuniversitarios (Ensino Medio e Bacharellato, principalmente) e mostrar a súa relevancia na continuación dos estudios universitarios de Estatística.
Esta actividade enmárcase dentro das iniciativas que se están levando a cabo na Facultad de Estudios Estadísticos con motivo da celebración do Ano Internacional da Estatística.
Inscrición: https://estudiosestadisticos.ucm.es/formulario-inscripcion-mesa-redonda

- Unconference on the Future of Statistics ("Desconferencia sobre o Futuro da Estatística"): está organizada por dous autores do blog "Simply Statistics" (http://simplystatistics.org/) e terá lugar o mércores día 30 de outubro de 2013 dende o mediodía ata a 1 da madrugada, en Google Hangouts e simultaneamente en YouTube.
Máis información: http://simplystatistics.org/unconference

- The Future of the Statistical Sciences Workshop (“Obradoiro sobre o Futuro das Ciencias Estatísticas"): terá lugar os días 11 e 12 de novembro de 2013 e as sesións de presentación deste obradoiro poderán seguirse en liña grazas á editorial Wiley.
Máis información: http://www.statistics2013.org/about-the-future-of-the-statistical-sciences-workshop/

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates