Novas SGAPEIO 20-novembro-2013

1.-Reunión do Consello Executivo
Mañá, xoves 21 de novembro de 2013, terá lugar na Facultade de Matemáticas a reunión de constitución do novo Consello Executivo da SGAPEIO. Informaremos, nas novas da vindeira semana, sobre a elección dos cargos do Consello.

2.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Cos termos incorporados na primeira semana de novembro rematou a serie de termos estatísticos que se definiron para engadir ao Palabrario, pero dado o interese que nos manifestou educaBarrié de continuar con esta iniciativa, queremos convidar a tódolos socios e socias de SGAPEIO a aportar novas definicións. Se algún de vos está interesado en colaborar, pode escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para solicitar as fichas de autor e termo que se deben cubrir. Na web da SGAPEIO poden consultarse os termos que xa están definidos.
Palabrario: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario

3.- Número 36 do boletín Informest
Debido a que se realizaron cambios no último número de Informest, está dispoñible na web da SGAPEIO unha nova versión modificada.
Acceso: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=93

4.- Petición para mellorar a formación matemática no Bacharelato de Ciencias Sociais
Ante a posibilidade de que as Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais deixen de ser obrigatorias para ser materia troncal optativa no novo Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, o Comité Español de Matemáticas (CEMAT) tomou a iniciativa de promover unha campaña de firmas para solicitar ao Senado que modifique a LOMCE a fin de mellorar a formación matemática dos futuros profesionais das Ciencias Socias.
Podes firmar esta petición en: http://goo.gl/95VH2F

5.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O día 28 de novembro terá lugar un seminario no salón de graos da Facultade de Matemáticas.
Programa:

16:00 – 16:45: Circula models for toroidal data.
Arthur Pewsey (Universidade de Extremadura).
16:45 – 17:30: Continuous Chain Ladder: reformulating a classical insurance problem.
María Dolores Martínez Miranda (Cass Business School, City University London e Universidade de Granada).
17:30 – 18:00: Descanso.
18:00 – 18:45: Interacciones Estadística-Industria. Ejemplos de transferencia.
Salvador Naya Fernández (Universidade da Coruña).

6.- V Xornadas de usuarios de R
As V Xornadas de usuarios de R terán lugar en Zaragoza os días 12 e 13 de decembro de 2013.
Estas xornadas incluirán ponencias e obradoiros cos seguintes obxectivos:
- Promover o coñecemento de R e as súas aplicacións.
- Proporcionar un punto de encontro aos usuarios de R.
- Fomentar a colaboración entre eles nun ambiente multidisciplinar.
Máis información: http://r-es.org/V+Jornadas

7.- Contrato post-doc en Valencia
O Departamento de Bioinformática e Genómica do Centro de Investigación Príncipe Felipe de Valencia busca un investigador cualificado na área de bioinformática e/ou bioestatística para traballar a tempo completo nun proxecto da Unión Europea.
O candidato debe ter un grao en Ciencias da Computación, Bioestatística ou Bioinformática.
Presentación de candidaturas: ata o 30 de novembro de 2013.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/508-post-doc-position-2-years-at-the-bioinformatics-and-genomics

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates