Novas SGAPEIO 27-novembro-2013

1.-Constitución do Consello Executivo
O xoves 21 de novembro de 2013 tivo lugar na Facultade de Matemáticas a reunión de constitución do novo Consello Executivo da SGAPEIO, que quedou conformado do seguinte xeito:

Presidente: Mª Esther López Vizcaíno
Vicepresidente de Estatística: Tomás Cotos Yáñez
Vicepresidenta de Investigación Operativa: Silvia Lorenzo Freire
Secretaria: Balbina Virginia Casas Méndez
Directora boletín: Paula Raña Míguez
Xestoras Web:
- Soly Santiago Pérez
- Mª José Ginzo Villamayor
Vogais:
- Maria Jesús Casado Barrio
- Javier Roca Pardiñas
- Rebeca Villaverde López

2.- A SGAPEIO nas redes sociais
A SGAPEIO xa ten un perfil en LinkedIn e unha conta en Twitter (@sgapeio). Anímate a seguir á nosa Sociedade nestas redes.

3.- Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística
A SGAPEIO está organizando un acto de clausura do Ano Internacional da Estatística, que terá lugar o xoves 19 de decembro de 2013 na Facultade de Matemáticas. A vindeira semana publicaremos na web da Sociedade o programa definitivo.

4.- Seminario na Facultade de Económicas de Vigo
O vindeiro martes 3 de decembro de 2013, ás 13:00 horas, terá lugar o siguiente seminario no Salón de Graos da Facultade de Económicas de Vigo:
Título: Empirical copulas for consecutive survival data.
Ponente: Ewa Strzalkowska-Kominiak (Universidad Carlos III, Madrid).
Abstract: In the analysis of medical data the whole lifetime is often split into pieces characterizing the various stages in the development of a chronical disease. In this paper we provide a nonparametric copula function estimator for two consecutive survival data which are subject to truncation and right censorship. We also discuss an extension of Spearman’s Rho and Kendall’s Tau to the present situation. Joint work with W. Stute.

5.- Axudas para a formación de profesorado universitario
A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades convoca diversas axudas para a formación de profesorado universitario (FPU) dos subprogramas de Formación e de Movilidade dentro do Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016 en I+D+i.
Dotación: a axuda será de 1.025 euros mensuais os dous primeiros anos de contrato, e de 1.173 euros o terceiro e cuarto anos de contrato, incrementándose con dúas pagas extraordinarias anuais.
Duración: a duración máxima das ayudas será de corenta e oito meses, contados a partires da data de alta no centro de adscripción.
Presentación de solicitudes: ata o 16 de decembro de 2013.
Máis información: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-12235

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates