Novas SGAPEIO 03-decembro-2013

1.-Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística
O acto de clausura do Ano Internacional da Estatística, organizado por SGAPEIO, terá lugar o xoves 19 de decembro de 2013 na Facultade de Matemáticas co seguinte programa:

- 17:30-17:45: Acto de apertura da xornada.
- 17:45-18:15: “SGAPEIO: Do Día Mundial ao Ano Internacional da Estatística”.
Pedro Faraldo Roca. Universidade de Santiago de Compostela.
- 18:15-19:00: “A medida do paro”.
Antonio Vaanmonde Liste. Universidade de Vigo.
- 19:00-19:15: Pausa.
- 19:15-20:00: “Aplicacións da estatística para a investigación social e comercial”.
Rebeca Villaverde. Anova Multiconsulting.

http://goo.gl/ftF93r

2.- Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística (SEIO)
A SEIO organiza un acto de clausura do Ano Internacional da Estatística en colaboración coa Fundación Ramón Areces. Este acto terá lugar o día 20 de decembro de 2013 na Fundación.
Máis información: http://goo.gl/7sS7jk

3.- Oposicións ao Corpo de Asesores Facultativos das Cortes Generales
As Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado convocan conxuntamente oposicións ao Corpo de Asesores Facultativos das Cortes Generales (BOE nº 283 do 26 de novembro de 2013). A convocatoria refírese a tres prazas:
– Un especialista en Informática.
– Un especialista en Enxeñería Industrial.
– Un especialista en Estatística.
Presentación de instancias: ata o 16 de decembro de 2013.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2013/11/26/pdfs/BOE-A-2013-12398.pdf

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates