Novas SGAPEIO 28-xaneiro-2014

1.- Número monográfico de Lemniscata

A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), coa colaboración da SGAPEIO, publicou un número especial monográfico da Colección Lemniscata, que foi editado por ANAYA, co título: “Estatística no ensino medio. Traballos premiados no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos”.

A SGAPEIO ten exemplares deste número monográfico de Lemniscata a disposición dos socios e socias. Se alguén desexa solicitar un exemplar debe escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto "Número monográfico AGAPEMA".

 

2.- Mateblog

Mateblog é un novo blogue que recolle toda a información relativa aos concursos matemáticos abertos onde colaboran a Fundación Barrié e AGAPEMA, actualmente:

-          Feira Matemática 2014

-          Certame de Matmonólogos

-          Concurso de fotografía matemática

-          Concurso de esopías

Páxina: http://mateblog.educabarrie.org/

 

3.- InvestigArte 2014

InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a tres perfís específicos:

-          Investigación: Universidades e centros de investigación.

-          Educación: Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional.

-          Educación: Profesorado de ESO, Bacharelato e Formación profesional.

Este concurso está organizado por educaBarrié (o canal de comunicación coa comunidada educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela), e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS), todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.

Data límite para participar: 3 de marzo de 2014

Máis información: www.investigarte.es

 

4.- II Olimpíada Estatística

O Instituto Nacional de Estadística (INE), a Facultad de Estudios Estadísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) convocan a Segunda Olimpíada Estatística para estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de grao medio. A participación neste concurso realízase por medio de equipos dun máximo de tres alumnos dirixidos por un profesor. Datas importantes:

-          8 a 29 de xaneiro (ambos inclusive): inscrición dos equipos.

-          3 a 14 de febreiro (ambos inclusive): realización das probas da primeira fase.

-          18 de febreiro: publicación e comunicación dos resultados da primeira fase.

-          19 de febreiro a 7 de marzo (ambos inclusive): realización do traballo da segunda fase.

-          31 de marzo: publicación dos equipos gañadores.

Máis información: www.ine.es/explica/olimpiada2014_inicio.htm

 

5.- Cursos do IGE

O Instituto Galego de Estatística convoca os seguintes cursos de formación dentro do Plan de formación do persoal ao servizo da Administración autonómica, da Administración local e da Administración de xustiza de Galicia para o ano 2014:

-          Interpretación de datos estatísticos

-          Aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE: introdución ao software libre R.

Máis información: http://goo.gl/9m5T0e

 

6.- Cursos do INE

Está dispoñible o programa de cursos, seminarios e sesións técnicas do Instituto Nacional de Estadística para o primeiro semestre do ano 2014.

Máis información: http://goo.gl/rfLto1

 

7.- II Curso de Metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias

A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza a segunda edición do curso Metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias, que terá lugar os días 12, 13, e 14 de maio de 2014. O prazo de preinscrición finaliza o 25 de abril de 2014.

O curso está dirixido a profesionais sanitarios e non sanitarios, investigadores en saúde, persoal técnico de avaliación de tecnoloxías sanitarias, estatísticos, e economistas da saúde.

Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=202P01NA14

 

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates