Novas SGAPEIO 14-novembro-2012

1.-Número 35 de Informest
Xa está dispoñible na web da SGAPEIO, no apartado de PUBLICACIÓNS, o número 35 do boletín Informest, que ten o seguinte sumario:
Colaboracións:
- Entrevista a Ingrid Van Keilegom
- Estudo sobre o cine de autor e as súas características utilizando a estatística
- Unha investigación sobre tamaños na ameixa babosa
- Pensamos no futuro, e ti?
- Estatística recreativa
SGAPEIO
- Incubadora de sondaxes e experimentos
- X Congreso Sgapeio
Novas
IGE

2.-XI Congreso SGAPEIO
O Departamento de Matemáticas da Universidade de A Coruña vai organizar o XI Congreso Galego de Estatística e Investigación Operativa, que se celebrará do 24 ao 26 de outubro de 2013 na sede da Fundación Barrié na cidade da Coruña. En próximas datas remitirase a tódolos membros da SGAPEO e a demais interesados información detallada acerca da organización e participación no Congreso.

3.- Segunda reunión xeral de Biostatnet
A segunda reunión xeral da Rede Nacional de Bioestatística Biostatnet terá lugar en Santiago de Compostela os días 25 e 26 de xaneiro de 2013. Esta reunión ten como obxectivo reflexionar sobre a consolidación de Biostatnet, a súa potenciación futura e a súa proxección internacional. Os Comités Científico e Organizador animan a todos os membros da Rede a participar activamente nesta reunión.
Data límite de inscrición: 9 de decembro de 2012.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/index.php/es/congresos-cursos-y-seminarios/140-2o-reunion-general-biostatnet

4.- Competición Internacional de Pósters para alumnos de ESO e Bacharelato O 3 de setembro de 2012, o Proyecto Internacional de Alfabetización Estadística (ISLP) abriu o prazo para a presentación de investigacións en formato póster que empreguen análise estatística de datos. Nesta segunda edición da competición, os traballos presentados deben estar relacionados coa Agricultura, e poderán participar equipos de estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. O equipo gañador da fase nacional pasará á competición internacional.
O premio ao mellor póster internacional outorgarase durante a celebración do 59 Congreso Mundial de Estatística que se celebrará en Hong Kong (China) os días 25 a 30 de agosto de 2013.
Máis información: http://www.stat.auckland.ac.nz/~iase/islp/competition-second

5.- Oferta de emprego da Sociedad Española de Reumatología
A Sociedad Española de Reumatología solicita para a súa unidade de investigación unha persoa co seguinte perfil:
- Licenciatura en Matemáticas, Estatística ou Ciencias da Saúde.
- Formación en epidemioloxía, estatística e métodos de investigación.
- Coñecementos de Medicina Baseada na Evidencia e lectura crítica da literatura científica.
- Experiencia en publicación de artigos.
- Inglés medio/alto.
- Experiencia na análise de datos lonxitudinais no ámbito da saúde.
- Imprescindible experiencia no manexo do paquete estatístico Stata.
Os interesados deberán enviar o seu CV vía e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/images/stories/fruit/estadser.pdf

6.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d’Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos
Curso de modelización estatística básica con Deducer:
- Datas: 26, 27 e 29 de novembro de 2012.
- Duración: 12 horas.
- Lugar: Universitat Autònoma de Barcelona.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-modelizaci%C3%B3n-estad%C3%ADstica-b%C3%A1sica-con-deducer

Curso de técnicas estatísticas básicas con SAS:
- Datas: 10, 11, 12 e 13 de decembro de 2012.
- Duración: 16 horas.
- Lugar: Universitat Autònoma de Barcelona.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-t%C3%A9cnicas-estad%C3%ADsticas-con-sas%C2%AE

Curso de programación e sintaxe avanzada con SAS:
- Datas: 14, 15, 16 e 17 de xaneiro de 2012.
- Duración: 16 horas.
- Lugar: Universitat Autònoma de Barcelona.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-programaci%C3%B3n-con-sas%C2%AE-sintaxis-avanzada

7.- Programa de RedEmprendia
O Programa RedEmprendia nuevos emprendedores: aprendiendo a emprender ten como obxectivo axudar a novos emprendedores e empresarios a desenvolver actividades emprendedoras mediante a realización de estancias formativas en empresas xa consolidadas e vinculadas aos membros de RedEmprendia, cunha duración de entre 2 e 3 meses.
Os países nos que se pode solicitar a estancia, por estar algunha das súas universidades vinculadas a RedEmprendia, son os seguintes: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México e Portugal. As estancias terán lugar entre o 15 de febreiro e o 31 de outubro de 2013, e o programa subvencionará gastos de estancia e desprazamento.
O programa está aberto aos seguintes colectivos:
- Estudantes de grao ou equivalente, preferentemente do último curso.
- Graduados nos últimos anos.
- Alumnos de másteres.
- Doutorandos.
- Doutores nos primeiros anos tras a consecución do título de doutor.
- Emprendedores vinculados á universidade, con empresas creadas como máximo un ano antes da data de solicitude da axuda.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de decembro de 2012.
Máis información: http://www.redemprendia.org/servicios/nuevos-emprendedores-aprendiendo-a-emprender/(id)/2201

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates