Novas SGAPEIO 06-novembro-2012

1.-Actas na web da SGAPEIO
Dende hoxe están dispoñibles na web da SGAPEIO, no menú de “A Sociedade – Actas e informes”, e con acceso restrinxido a socios, as seguintes actas de Asembleas Xerais e reunións ordinarias do Consello Executivo:
- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2011, celebrada o 5 de novembro de 2011 no Pazo de Congresos de Pontevedra.
- Acta da reunión ordinaria do Consello Executivo celebrada o 15 de febrero de 2012.
- Acta da reunión ordinaria do Consello Executivo celebrada o 12 de setembro de 2012.

2.- Oferta de emprego da USC
Convocatoria Pública da Universidade de Santiago de Compostela de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado:
- Actividade: deseño de algoritmos para problemas de programación enteira e non linear.
- Centro: Facultade de Matemáticas
- Investigador principal: Julio González Díaz.
- Titulación: licenciatura, grao ou diplomatura en Matemáticas, Informática, Estatística, Física, ou Enxeñería Superior.
Presentación de solicitudes: ata o 16 de novembro de 2012.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1259_gl.pdf

3.- Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria
O Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria é unha proposta da Plataforma de Innovación Sanitaria da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde promovida dende a Sub. Xral. de Investigación, Docencia e Innovación e a FEGAS, para implementar un proxecto de innovación formativa, en construción permanente, que posibilite unha xestión efectiva da circulación do coñecemento en torno á investigación sanitaria.
O itinerario constrúese cun formato multimedia, vídeo + soporte documental, que pretende difundir coñecementos prácticos a través de pequenas pílulas formativas de 20-25 minutos de duración, e está estruturado en catro módulos:
- Metodoloxía da investigación
- Bioestatística
- Proxectos e xestión da investigación e innovación
- Xestión de resultados
Os vídeos están dispoñibles no portal do SERGAS: http://www.sergas.es/itinerario.innovacion. Ademais, a fin de mellorar a difusión do proxecto creouse un canal en YouTube:
http://www.youtube.com/user/Itinerariofegas

4.- Bolsas Iberoamérica de Santander Universidades
O Banco Santander, a través do programa “Bolsas Iberoamérica. Novos profesores e investigadores. Santander Universidades” convoca 150 bolsas dirixidas a profesores e investigadores, preferentemente menores de 35 anos, para realizar estadías de polo menos dous meses en centros de investigación e universidades iberoamericanas en países distintos ao de orixe. Entre os centros participantes neste programa está a Universidade de A Coruña.
Presentación de solicitudes: dende o 30 de outubro de 2012 ata o 3 de marzo de 2013.
Máis información: https://www.becas-santander.com

5.- Bolsas do Banco Santander para realizar prácticas en empresas
O Banco Santander, a través do programa “Bolsas Santander CRUE CEPYME. Prácticas en empresa” convoca 5.000 bolsas para a realización de prácticas en empresas dirixidas a estudantes matriculados nas universidades españolas asociadas á Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (CRUE), entre as que se atopan as Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo.
Presentación de solicitudes: dende o 5 de novembro de 2012 ata o 31 de xaneiro de 2013.
Máis información: https://www.becas-santander.com

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates