Novas SGAPEIO 23-outubro-2012

1.- Oferta de traballo do GRID[ECMB]
O grupo Interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía GRID[ECMB] da Universidade de Santiago de Compostela (USC) precisa unha persoa para cubrir unha praza dentro do proxecto de investigación do grupo coas seguintes características:
- Perfil: Licenciado/Graduado con acreditación de formación en bioestatística.
- Labores a realizar: enmarcadas dentro dos proxectos do GRID[ECMB].
- Duración do contrato: 4 meses a tempo parcial.
- Temporalización: 25 horas semanais.
- Retribución: 700€/mes (inclúese neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pago dos costes sociais).
Os interesados deberán enviar un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con Asunto: "Praza GRID[ECMB]" antes do día 29 de outubro de 2012.

2.- XIV Conferencia Española de Biometría
A área de Estatística e Investigación Operativa da Universidad de Castilla-La Mancha, a instancias da Sociedad Española de Biometría, organiza a XIV Conferencia Española de Biometría 2013, que terá lugar na Facultade de Medicina de Ciudad Real os días 22, 23 e 24 de maio de 2013.
Xa está aberto o prazo de preinscrición.
Máis información: http://areaestadistica.uclm.es/biometria2013/

3.- 18th European Young Statistician Meeting
Está aberto o prazo de selección de candidatos para participar no 18th European Young Statisticians Meeting. O Comité Organizador Internacional (IOC: International Organizing Committee) elexirá dous candidatos para participar na decimo oitava edición deste congreso organizado pola European Regional Committee of the Bernoulli Society.
Aqueles investigadores na área da Estatística ou a Probabilidade, menores de 30 anos ou que teñan entre dous e oito anos de experiencia investigadora, e que desexen participar, deberán enviar o seu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.antes do 25 de Novembro de 2012 (inclusive). Darase preferencia aos investigadores que participen por primeira vez.
Web do congreso: http://www.mathos.unios.hr/eysm18/eysm.html

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates