Novas SGAPEIO 02-outubro-2012

1.- Curso sobre Análise estatística de datos faltantes
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso sobre Análise estatístico de datos faltantes, co obxectivo de introducir aos asistentes nos métodos de imputación. O curso, que terá lugar en Granada os días 8, 9, 22 e 23 de novembro de 2012, ten un carácter eminentemente práctico e as prácticas vanse realizar co paquete estatístico R.
Programa do curso:
- O problema dos datos faltantes
- Mecanismos de xeración dos datos faltantes
- Métodos clásicos de imputación
- Imputación múltiple
- Outros métodos de imputación de valores faltantes
O prazo de preinscrición remata o 11 de outubro de 2012.
Máis información: http://www.easp.edu.es/ProgramaDocente/

2.- Programa de cursos da FCSCL
O Centro de Supercomputación de Castilla y León (FCSCL) organiza os seguintes cursos de formación para o outono de 2012:
- Curso de programación paralela con MPI Message Passing Interface
- Curso de programación paralela con OpenMP
- Curso de programación de GPUs con OpenAC
- Curso avanzado de programación de procesadores gráficos e arquitecturas heteroxéneas
Máis información: http://www.fcsc.es/index.php/es/formacion

3.- Prazas para doutorandos da UDC en GRADSchools
A UDC, en colaboración coas Universidades de Vigo e Santiago, a Xunta de Galicia e a Fundación Barrié, organiza un programa de Formación en Competencias dirixidos a novos investigadores que están a realizar o seu doutoramento nas Unversidades do SUG.
Máis información: http://www.udc.es/ensino/doutoramento/Anuncios/index.html

4.- Día da Estatística 2012
O venres 5 de outubro de 2012 terá lugar o Día da Estatística organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC).
Máis información: http://www.socestadistica.org/

5.- One Day Meeting on Statistics and Applications
O día 26 de outubro de 2012 terá lugar, na Universidade do Minho (Guimarães), a primeira edición dunha serie de workshops en estatística e aplicacións que pretenden promocionar o intercambio de ideas e colaboracións entre investigadores nacionais e internacionais.
Máis información: http://w3.math.uminho.pt/MSA2012/default.asp

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates