Novas SGAPEIO 10-xaneiro-2012

1.- II Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Hoxe, día 10 de xaneiro, comeza o prazo para a inscrición no concurso II Incubadora de Sondaxes e Experimentos, que convoca a SGAPEIO para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Toda a información está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- XXXIII Congreso da SEIO
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade Rey Juan Carlos organiza o XXXIII Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e as VII Jornadas de Estadística Pública, que terán lugar en Madrid, do 17 ao 20 de abril de 2012.
Xúntase a esta mensaxe unha carta do comité organizador.

3.- Cursos de formación de GRID[ECMB] 2012
O Grupo Interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía GRID[ECMB] da Universidade de Santiago organiza, para o ano 2012, os seguintes cursos de formación:
- Bioestatística básica con R
- Modelos Mixtos utilizando R
- Deseño de Experimentos en Biomedicina con R
- Bioestatística e estudios epidemiolóxicos con Epidat
- Regresión Flexible a través de Modelos GAM
Está aberto o prazo de inscrición.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/gridecmb/

4.- Bolsas de posgrao da Fundación Barrié 2012
A Fundación Barrié de la Maza convoca 32 bolsas para realizar programas de máster, doutoramentos, investigación posdoutoral e proxectos de investigación científica en Estados Unidos, Europa (agás España) e Asia.
Presentación de solicitudes: do 10 ao 31 de marzo de 2012.
Máis información: http://www.fundacionbarrie.org/es/programas/becas

5.- Prazas na USC
Convocatoria Pública da Universidade de Santiago de Compostela de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado.
Actividade 1: modelos de inferencia non paramétrica para indicadores medioambientais.
- Centro: Facultade de Matemáticas.
- Investigador principal: Wenceslao González Manteiga.
- Traballo a realizar: programación en R de indicadores medioambientais.
- Titulación: Licenciatura en Matemáticas con orientación en Estatística.
Actividade 2: metodoloxía estatística e aplicacións en estatística semiparamétrica, funcional e espacio temporal.
- Centro: Facultade de Matemáticas.
- Investigador principal: Wenceslao González Manteiga.
- Traballo a realizar: deseño e implementación de técnicas estatísticas non paramétricas para a análise de datos e procesos medioambientais.
- Titulación: Licenciatura en Matemáticas, Máster en Técnicas Estatísticas.
Presentación de solicitudes: ata o 17 de xaneiro de 2012.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1144_gl.pdf

6.- "Research position" en Bélxica
The Institute of Statistics, Biostatistics and Actuarial Sciences (ISBA) of the Université catholique de Louvain (UCL), Louvain-la-Neuve, Belgium, has a vacancy for a fulltime research position.
Máis información na web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates