Novas SGAPEIO 24-xaneiro-2012

1.- II Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que, ata o día 31 de xaneiro, está aberto o prazo de inscrición para participar no concurso II Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
Toda a información está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- Cursos a distancia da Universitat de Girona
A Unidad de Asesoramiento Estadístico da Universitat de Girona organiza dous cursos a distancia sobre o manexo de R e SAS, respectivamente:
- Curso a distancia de introdución a R: do 5 ao 19 de marzo de 2012.
- Curso a distancia de introdución a SAS System: do 12 ao 30 de marzo de 2012.
A data de inscrición, nos dous casos, remata o 27 de febreiro de 2012.
Máis información: http://www.udg.edu/tabid/12542/language/es-ES/Default.aspx

3.- I Simposio Internacional de Ensino das Ciencias
A Universidade de Vigo organiza o I Simposio Internacional de Ensino das Ciencias, un congreso virtual sobre os retos e perspectivas do ensino das ciencias que terá lugar do 11 ao 16 de xuño de 2012.
Este congreso quere ser un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre todas aquelas persoas interesadas no ensino das ciencias en calquer ámbito educativo.
Mais información: http://webs.uvigo.es/isiec2012/index.ga.htm

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates