Novas SGAPEIO 31-xaneiro-2012

1.- II Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O pasado martes, 31 de xaneiro, rematou o prazo de inscrición para participar no concurso II Incubadora de Sondaxes e Experimentos. En total inscribíronse 38 grupos, 13 na categoría de 1º e 2º de ESO, 19 na categoría de 3º e 4º de ESO, e 6 de 1º e 2º de Bacharelato.
Toda a información do concurso está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- Número 34 de Informest. Novembro 2011
Xa está na páxina web da SGAPEIO (apartado de Publicacións) o número 34 do boletín Informest.

3.- Cursos do Instituto Nacional de Estadística
Na páxina web do Instituto Nacional de Estadística está dispoñible o programa de cursos da Escuela de Estadística de las Administraciones Públicas para o segundo semestre de 2012.
Máis información: http://www.ine.es/ine/eeaapp/cursos.htm

4.- VI Congreso de Educación Matemática de AGAPEMA
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza o VI Congreso de Educación Matemática, que terá lugar no IES Lucus Augusti de Lugo, os días 2, 3 e 4 de xullo de 2012.
Mais información: http://www.agapema.org/?q=node/65

5.- Bolsa FPI con cargo a proxecto do grupo MODES
Convócase unha bolsa FPI para realizar a tese doutoral en Estatística e Investigación de Operacións con cargo ao proxecto “Inferencia Estadística para Datos Complejos y de Alta Dimensión: Aplicaciones en Análisis Térmico, Fiabilidad Naval, Genómica, Malherbología, Neurociencia y Oncología” do grupo de investigación Optimización e Inferencia Estatística (MODES) do Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña (UDC).
Envío de solicitudes: ata o 20 de febrero de 2012.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/UDC-AnunciobecaFPI.pdf

6.- Bolsa FPI no IIM-CSIC de Vigo
Convócase una bolsa FPI para investigación en modelado matemático, simulación, optimización e control de bioprocesos e biosistemas no Instituto de Investigacións Marinas de Vigo (IIM-CSIC).
Esta bolsa está asociada ao proxecto DPI2011-28112-C04-03: "INFERENCIA, MONITORIZACION, OPTIMIZACION Y CONTROL MULTI-ESCALA: DE CELULAS A BIORREACTORES (MULTISCALES)" do Grupo de Enxeñería de Bioprocesos do IIM-CSIC de Vigo.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/138-beca-fpi-en-el-iim-csic-vigo

7.- Xestor de proxectos I+D+i para proxecto “Severo Ochoa IAC 2012-2015”
Contrato laboral temporal para a realización dun proxecto específico de investigación no marco de proxectos de desenvolvemento tecnolóxico no Instituto de Astrofísica de Canarias.
- Presentación de solicitudes: ata o 20 de febreiro de 2012.
- Nivel de titulación: Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto (titulacións de ciclo largo) ou grao.
Máis información: http://www.iac.es/info.php?op1=26&id=374

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates