Novas SGAPEIO 8-febreiro-2012

1.- Curso “Multilevel models” na USC
Os días 28, 29 de febrero e 1 de marzo terá lugar na Facultade de Matemáticas da USC un curso sobre “Multilevel Models” impartido polo Prof. Leonardo Grilli (Universitá degli Studi di Firenze) con horario de 10:00 a 14:00 horas. Este curso forma parte da School of Advanced Mathematics, do Instituto de Matemáticas da USC (SAM-IMAT).
A inscrición é gratuita e debe facerse mediante correo-e á secretaria do IMAT (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes do 18 de febreiro.
Máis información: http://www.usc.es/gl/institutos/matematicas/modules/news/news_0023.html

2.- II Encuentro de Jóvenes Investigadores en Diseño de Experimentos y Bioestadística
O grupo de Estatística da Universidad de La Laguna organiza o segundo encontro de Jóvenes Investigadores en Diseño de Experimentos y Bioestadística, que se celebrará do 18 ao 20 de xullo de 2012 en La Laguna (Tenerife). O obxectivo é dar continuidade ao primeiro encontro (JEDE I) que tivo lugar en 2010 no Campus de Toledo da Universidad de Castilla-La Mancha, así como servir de punto de encontro da rede nacional de Bioestatística (BIOSTATNET).
Data límite para envío de traballos: 1 de abril de 2012
Máis información: https://sites.google.com/site/jedetenerife/home

3.- Seminario sobre Datos Funcionais na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística e Investigación Operativa de Santiago organiza un seminario sobre Datos Funcionais, que terá lugar o día 23 de febreiro de 2012 na sala de xuntas da Facultade de Matemáticas co seguinte programa:
- 17:00-17:45: “Estimadores robustos bajo un modelo de componentes principales funcional”. Graciela Boente (Universidad de Buenos Aires y CONICET).
- 17:45-18:30: “Projection-based nonparametric testing in functional regression”. César Sánchez Sellero (Universidad de Santiago de Compostela).
- 18:45-19:30: “Trends in time series of functional data to study Antartic Climate Change”. Ricardo Fraiman (Universidad de San Andrés (Buenos Aires - Argentina).
O seminario poderá seguirse por vídeo conferencia.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates