Novas SGAPEIO 15-febreiro-2012

1.- Portal Web de Oferta Formativa para Doutorandos en Matemáticas
O proxecto Consolider i-math acaba de poñer en marcha un portal web de oferta formativa para doutorandos en matemáticas. Este portal nace co obxectivo de axudar tanto a estudantes como a profesores, no deseño da formación complementaria durante o período de realización da tese doutoral. Neste portal pódese atopar toda a información de interese para os estudios de Doutoramento en Matemáticas: programas, escolas, cursos, outras actividades e bolsas.
Portal: www.doctoradomath.es

2.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística e Investigación Operativa de Santiago organiza, para o día 16 de febreiro de 2012, o seguinte seminario:
- 12:00-13:00: “Partially Linear Mixed Effects Model without Distributional Assumptions for the Random Terms.”. Ren Ohinata, Institute for Statistics and Econometrics de la University of Göttingen.
O seminario terá lugar na Unidade de Bioestatística da Facultade de Medicina.

3.- Seminario sobre Modelización Estatística en Medio Ambiente na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística e Investigación Operativa de Santiago organiza un seminario sobre Modelización Estatística en Medio Ambiente, que terá lugar o día 23 de marzo de 2012 na sala de xuntas da Facultade de Matemáticas co seguinte programa:
- 17:00-18:00: “Space-time modelling of extreme rainfall”. Anthony Davison, Ecole Poytechnique Federale de Lausanne (EPFL) and Institute of Mathematics, Lausanne (Suiza).
- 18:00-19:00: “Testing for separability in multidimensional conditional intensity functions with applications to forest fires”. Jorge Mateu Mahiques, Universitat Jaume I (Castellón).
O seminario poderá seguirse por videoconferencia.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates