Novas SGAPEIO 6-marzo-2012

1.- Bolsas internacionais 2012-2013 en Francia
Está aberta a convocatoria de bolsas internacionais 2012-2013 da Escola Normal Superior de Cachan (ENS-Cachan), en Francia. O importe das bolsas é de 1.000 euros por mes e a duración da estancia é de 6 a 12 meses.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de marzo de 2012.
Máis información: http://www.ens-cachan.fr/version-francaise/international/etudier-a-l-ens-cachan/financements/programme-de-bourses-internationales-2012-2013-137918.kjsp

2.- Seminario sobre inferencia non paramétrica con datos con censura e/ou truncamento
O departamento de Estatística e Investigación Operativa de Santiago organiza un seminario sobre Inferencia non paramétrica con datos con censura e/ou truncamento, que terá lugar o día 12 de abril de 2012 na sala de xuntas da Facultade de Matemáticas co seguinte programa:
- 17:00-18:00: “The Do-validation method with applications to survival data”. María Dolores Martínez Miranda, Universidad de Granada.
- 18:00-19:00 “Estimation in nonparametric location-scale models under dependent censoring”. Ingrid Van Keilegom, Université Catolique de Louvain.
O seminario poderá seguirse por videoconferencia.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates