Novas SGAPEIO 03-abril-2012

1.- Bolsas no Instituto de Estudios Fiscales
O Instituto de Estudios Ficales convoca 10 bolsas de formación para titulados universitarios, a fin de contribuír á formación de novos titulados universitarios no exercicio da actividade investigadora en materias relacionadas coa actividade presupostaria e fiscal da Facenda Pública. Dúas das bolsas están dirixidas a licenciados universitarios, ou titulación equivalente, en materias relacionadas Economía, Estatística e Informática. As bolsas concédense por un período de 12 meses, do 9 de xullo de 2012 ata o 8 de xullo de 2013, e poden ser prorrogadas por dous períodos mais de igual duración.
- Presentación de solicitudes: ata o 20 de abril de 2012.
Mais información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/03/28/pdfs/BOE-A-2012-4279.pdf

2.- Curso a distancia de Introducción a SAS System
A Unitat d'Assessorament Estadístic da Universitat de Girona organiza un curso a distancia de Introducción a SAS System dirixido a todas aquelas persoas interesadas en ter coñecementos deste programa.
- Datas: do 17 de maio ao 7 de xuño de 2012.
- Profesorado: Mariona Roige e Natàlia Adell.
- Requisito: dispoñer da licencia do programa SAS System 9.1 ou posterior.
- Inscripción: ata o 3 de maio de 2012.
Máis información: http://www.udg.edu/LinkClick.aspx?fileticket=jk2xLTYAwbE%3d&tabid=12542&language=es-ES

3.- Curso de Modelización estatística básica con IBM SPSS
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza un curso de Modelización estatística básica con SPSS.
Datas: 16, 17, 18 e 19 de abril de 10.00 a 14.00.
Programa do curso:
- Introdución á modelización e modelo de regresión simple.
- ANOVA.
- Modelo Lineal Xeneral.
- Regresión loxística.
Mais información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-modelizaci%C3%B3n-estad%C3%ADstica-b%C3%A1sica-con-ibm-spss%C2%AE

4.- VI International Workshop on Spatio-Temporal Modelling
O centro de Investigación de Matemáticas (Research Centre of Mathematics – CMAT) da Universidade de Miño acolle o VI International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMAVI) do 12 ao 14 de setembro de 2012. O obxectivo desta reunión é promover o desenvolvemento e a aplicación de métodos estatísticos espacio-temporais en diferentes campos relacionados coas Ciencias Medioambientais e as Ciencias da Saúde.
Datas importantes:
- Inscrición reducida: ata o 15 de maio de 2012.
- Envío de resumos: ata o 15 de maio de 2012.
- Aceptación de resumos: 15 de xuño de 2012.
Máis información: http://www.metma6.com/

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates