Novas SGAPEIO 17-abril-2012

1.- II Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Amplíase o prazo para enviar os traballos do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos ata o 15 de maio de 2012.

2.- Curso "Deseño e validación de cuestionarios"
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso de 30 horas sobre Deseño e validación de cuestionarios, a principal e máis importante ferramenta empregada nas enquisas. O curso ten o seguinte programa:
- Introdución á investigación por enquisa.
- Deseño de cuestionarios: tipos de preguntas e regras para a súa formulación.
- Validación de cuestionarios: conceptos de validez e fiabilidade.
- Análise estatística de datos para a estimación da validez e a fiabilidade (programa R). Outros datos:
- Lugar: Granada
- Datas: 18 a 22 de xuño de 2012.
- Inscrición: ata o 5 de maio de 2012.
- Matrícula: 580 €.
Máis información: http://www.easp.es/cursos?idCurso=314301NA12

3.- Seminarios do Máster en Técnicas Estatísticas
O Máster en Técnicas Estatísticas organiza os seguintes seminarios:
Día 23/04/2012:
18:00-19:00: “Nuevas aplicaciones de ideas geométricas en Estadística y Probabilidad”. Antonio Cuevas (Universidad Autónoma de Madrid).
O seminario será na sala de xuntas da Facultade de Matemáticas e poderá seguirse por video conferencia.
Día 25/04/2012:
13:00-14:00: “Una propuesta para selección de variables en problemas de clasificación funcional”. Antonio Cuevas (Universidad Autónoma de Madrid).
O seminario será na aula 0 da Facultade de Matemáticas e poderá seguirse por video conferencia.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates