Novas SGAPEIO 2-maio-2012

1.- VI Feira Matemática de AGAPEMA
Con motivo da celebración o día 12 de maio do Día Escolar das Matemáticas os de AGAPEMA da Zona de A Coruña organizan a VI FEIRA MATEMÁTICA. A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.
A VI FEIRA MATEMÁTICA celébrase o mesmo 12 de maio, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata ás 19 h. Este ano o lema do Dia Escolar das Matemáticas é "Matemáticas e Economía: vantaxes da cooperación".
Máis información: http://agapemacoruna.com/index.php?option=com_content&view=article&id=11&Itemid=53

2.- Curso “Deseño de experimentos en Biomedicina e Bioloxía” de GRID[ECMB]
O Grupo Interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía GRID[ECMB] da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seguinte curso para o mes de xullo:
"Deseño de experimentos en Biomedicina e Bioloxía con R. Técnicas de análise da varianza".
- Importe da matrícula: 400 euros
- Período de preinscrición: ata o 2 de maio de 2012
- Período de docencia: do 2 ao 5 de xullo de 2012
Programa:
- Introdución
- Experimentos simples: comparacións e determinación do tamaño mínimo de mostra en deseños completamente aleatorizados
- Análise da varianza (ANOVA) cun so factor
- Análise da varianza (ANOVA) para medidas repetidas
- Modelos con varios factores
- Análise da covarianza (ANCOVA)
Máis información: http://eio.usc.es/pub/gridecmb/index.php/diseno-de-experimentos-en-biomedicina-con-r

3.- Curso “Regresión flexible a través de modelos GAM” de GRID[ECMB]
O Grupo Interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía GRID[ECMB] da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seguinte curso para o mes de novembro:
"Regresión flexible a través de Modelos Aditivos Xeneralizados (GAM). Aplicacións biomédicas utilizando R".
- Importe da matrícula: 400 euros
- Período de preinscrición: ata o 5 de setembro de 2012
- Período de docencia: do 5 ao 8 de novembro de 2012
Programa:
- Modelos Lineais Xeneralizados (GLM)
- Introdución aos métodos de suavización en regresión
- Modelos Aditivos Xeneralizados (GAM)
Máis información: http://eio.usc.es/pub/gridecmb/index.php/regresion-flexible-a-traves-de-modelos-gam

4.- Conferencias na Universidade da Coruña
Os profesores Concepción Valdés Castro e Carlos Sánchez Fernández, da Facultad de Matemáticas da Universidad de La Habana (Cuba) van a impartir as seguintes conferencias:
Na Universidade da Coruña:
“Gnedenko y las aplicaciones de la Teoría de la Probabilidad”. Concepción Valdés Castro
Lugar: Aula 2.6. Facultade de Informática. Campus de Elviña. A Coruña.
Data e hora: Xoves, 3 de maio de 2012 ás 12.30h.

“Un paseo por la historia de las irracionalidades numéricas”. Carlos Sánchez Fernández
Lugar: Aula de Postgrao. Escola Politécnica Superior. Campus de Esteiro. Ferrol.
Data e hora: Xoves, 3 de maio de 2012 ás 17.30h.

Na Facultade de Matemáticas, invitados polo IMAT:
11:00-11:50: “Hilbert y los orígenes del Análisis Funcional”. Carlos Sánchez Fernández
12:10-13:00: “Gnedenko y las aplicaciones de la Teoría de la Probabilidad”. Concepción Valdés Castro.
Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Santiago.
Data: Venres, 4 de maio de 2012.

5.- VI Congreso de AGAPEMA
O VI Congreso de AGAPEMA vaise celebrar na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de setembro de 2012 (a tarde do venres e todo o día do sábado). Nesta actividade poderás coñecer experiencias didácticas innovadoras, aplicación de recursos tecnolóxicos ao ensino das Matemáticas, compartir e debater cos compañeiros e compañeiras as túas ideas e opinións e mesmo divertirte.
A inscrición, que é gratuíta para os socios de SGAPEIO, está aberta na web de AGAPEMA: http://www.AGAPEMA.org/?q=formVICongreso
O prazo para presentar comunicacións remata o 31 de maio (título e resumo da mesma). O congreso será homologado pola Consellería de Educación e Cultura como actividade de formación de 12 horas.
Calquera dúbida, aclaración ou suxestión que queiras realizar sobre esta actividade, podes enviala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

6.- Cursos de formación do Centro de Supercomputación de Castilla y León
A Fundación Centro de Supercomputación de Castilla y León (FCSCL) organiza os seguintes cursos:
1. Problemas inversos e deseño baixo incertidume. Do 16 ao 18 de maio de 2012.
2. Curso de introdución á programación CUDA: programación basada en librerías especiais. Do 23 ao 25 de maio de 2012.
Máis información: http://www.fcsc.es/index.php/es/formacion

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates