Novas SGAPEIO 8-maio-2012

1.- I Congreso sobre Software Libre para Ciencias, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía
IGACIENCIA organiza I Congreso sobre Software Libre para Ciencias, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía no marco do Ano Galego da Tecnoloxía.
- Datas e horario: 2 e 3 de xullo de 2012, de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.
- Horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación).
- Lugar: CEI-Nodus de Lugo.
- Prazas: 75
O Congreso ten un prezo de 10 euros, pero está limitado a 75 persoas (pola limitación dos ordenadores). Terá preferencia o profesorado e o segundo criterio será por orde de inscrición.
Máis información: http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/1

2.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago organiza o seguinte seminario:
Día 16/05/2012
17:00-18:00: “Spectral Density Ratio Models for Multivariate Extremes”. Miguel de Carvalho (Ecole Poytechnique Federale de Lausanne (EPFL) and Institute of Mathematics (Lausanne, Suiza).
O seminario será na aula 0 da Facultade de Matemáticas e poderá seguirse por vídeo conferencia.

3.- Curso “ Modelos de Regresión y Econométrico con Stata 12”
O 17 de maio de 2012 terá lugar en Madrid un curso sobre Modelos de Regresión e Econométrico con Stata 12, cunha duración de 8 horas lectivas.
Programa:
1. Introducción a Stata 12
2. Modelos de regresión lineal
3. Corrección de problemas econométricos
4. Modelos de elección discreta
5. Análise de datos de panel
- Prezo: Estudantes: 220 euros. Académicos: 350 euros e Non académicos: 450 euros.
- Profesorado: Aurelio Tobías, Investigador Científico do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Barcelona e Profesor Asociado do Departamento de Economía e Empresa da Universidad Pompeu Fabra.
Máis información: http://www.timberlake-consultancy.com/Training/?id=147&cid=94

4.- XXI curso de posgrao de Formación de Especialistas en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos
O Centro de Investigaciones Sociológicas organiza o XXI curso de posgrao de Formación de Especialistas en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos para o curso 2012-13 coa finalidade de contribuír á formación de titulados universitarios superiores nas técnicas de investigación social.
O curso, de carácter presencial, organízase en dous módulos:
- Módulo 1: a recollida de datos e a investigación mediante enquisas.
- Módulo 2: análise e interpretación de datos de enquisas.
Presentación de solicitudes: ata o 3 de setembro de 2012.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/05/05/pdfs/BOE-A-2012-6085.pdf

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates