Novas SGAPEIO 11-xullo-2012

Con motivo do período estival a SGAPEIO suspenderá o envío de noticias ata o mes de setembro. Aproveitamos para facer balance das principais actividades realizadas pola Sociedade dende setembro de 2011 ata xullo de 2012:
- Mantemento da páxina web
- Envío de novas semanais
- Organización do X Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
- Organización do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

1.- II Fase Nacional do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Os días 4 e 5 de xullo de 2012 celebrouse, na Facultad de Ciencias da Universidad de Valladolid, a II Fase Nacional do concurso tipo “Incubadora de Sondeos y Experimentos”, organizada pola Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e a Universidad de Valladolid.
Na categoría de Bacharelato resultou gañador o grupo representante da fase galega co traballo titulado ¿Existe o cine de autor?, dos estudantes Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao, titorizados por Enrique Pujales Martínez do IES Fernando Wirtz Suarez.
Na categoría de ESO o premio foi para o traballo titulado “Salida a la luz”, do IES Sant Quirze del Vallés, Barcelona.
Máis información: http://www.seio.es/Noticias-inicio/II-Fase-Nacional-del-Concurso-Tipo-Incubadora-de-Sondeos-y-Experimentos.html

2.- Ano Internacional da Estatística
A organización do Ano Internacional da Estatística informounos, a finais de xuño, de que xa había 515 organizacións de 81 países que se inscribiron como participantes nesta celebración. Delas, 90 son sociedades profesionais, 184 universidades, 83 axencias gobernamentais, 47 empresas, 30 centros de educación secundaria, 15 institutos de investigación e 57 subgrupos da American Statistical Society (ASA). Se desexas recibir directamente estas informacións podes inscribirte na páxina web http://statistics2013.org, no enlace “Get the newsletter”.
Por outra banda, a organización convoca un concurso internacional de vídeos cortos, de 4 minutos ou menos, que mostren como a estatística impacta nas nosas vidas, contribúe a mellorar a sociedade ou, en xeral, fai do mundo un lugar mellor. Os premios para os mellores vídeos van dende 250 ata os 1.000 $, e hai un premio especial para os menores de 19 anos, e para vídeos en lingua non inglesa. Os vídeos deben poñerse en YouTube, enviando o enlace a Tom Short (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes do 31 de outubro de 2012. Os vídeos gañadores estarán na web do Ano Internacional durante todo o 2013. Animámosvos a participar nesta iniciativa.
Páxina web: http://statistics2013.org

3.- Estancias de mobilidade no estranxeiro 2012
A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades convoca as axudas do subprograma de estancias de mobilidade de profesores e investigadores en centros estranxeiros (BOE nº 157 do 2 de xullo de 2012).
Este subprograma persigue estimular a mobilidade do profesorado universitario e investigadores dos organismos e centros de I+D, en centros de ensinanza superior e de investigación estranxeiros, para propiciar a actualización dos seus coñecementos e a aprendizaxe de novas técnicas e métodos.
Dentro do subprograma existen dúas modalidades:
Modalidade A (300 axudas): Estancias de mobilidade de profesores e investigadores sénior en centros estranxeiros de ensinanza superior e investigación, ou excepcionalmente españois. Modalidade B (240 axudas): Estancias de mobilidade no estranxeiro "José Castillejo" para doutores novos/as.
Presentación de solicitudes: do 11 ao 31 de xullo de 2012.
Mais información:
http://www.educacion.gob.es/educacion/universidades/convocatorias/titulados-doctores-profesores/estancias-profesores-centros-extranjeros.html#convo

4.- Conferencia 2012 da IAOS
A conferencia bianual da Asociación Internacional de Estatística Oficial (IAOS: International Association for Official Statistics) terá lugar em Kiev (Ukraine), do 12 ao 14 de setembro de 2012. Este ano, a conferencia está enfocada aos métodos para lograr unha maior difusión das estatísticas oficiais.
Máis información: http://iaos2012.ukrstat.gov.ua/

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates