Novas SGAPEIO 26-febreiro 2014

1.- IV Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que a SGAPEIO convoca o IV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio, e que a inscrición pode realizarse na páxina web do concurso entre o 1 e o 15 de abril de 2014.
Máis información: http://goo.gl/YDU62f

2.- InvestigArte 2014
Lembramos que está aberto o prazo para participar en InvestigArte, un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a tres perfís específicos:

  • Investigación: Universidades e centros de investigación.
  • Educación: Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional.
  • Educación: Profesorado de ESO, Bacharelato e Formación profesional.

Este concurso está organizado por educaBarrié (o canal de comunicación coa comunidada educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela), e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS), todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.
Data límite para participar: 3 de marzo de 2014
Máis información: www.investigarte.es

3.- Bolsas en centros de investigación e innovación
A Axencia Galega de Innovación convoca bolsas para realizar estadías en centros de investigación e innovación de fóra da comunidade autónoma, dirixidas a técnicos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema Universitario de Galicia.
As bolsas poderán ser solicitadas por investigadores e técnicos con vinculación en vigor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de investigación (OPI), alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desenvolve a súa actividade o solicitante. A vinculación laboral deberá estar vixente na data do remate do prazo de presentación da solicitude.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de marzo de 2014.
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140221/AnuncioG0198-130214-0001_gl.pdf

4.- Curso de verano CoDA 2014
O curso de verano sobre análise de datos composicionais "CoDA 2014" (Compostitional Data Analysis) terá lugar do 7 ao 11 de xullo de 2014 en Girona. O obxectivo deste curso de verano é aprender os conceptos básicos sobre análise de datos composicionais e introducir algunhas técnicas multivariantes (análise cluster, análise discriminante, modelos de regresión, etc.). Os asistentes deben posuír coñecementos básicos sobre estatística multivariante clásica.
O curso de verano CoDA está organizado polo Grupo de Investigación en Métodos Estadísticos en Espacios Restringidos (METRICS) do Departamento de Informática, Matemática Aplicada e Estatística da Universitat de Girona (UdG). As prazas están limitadas a 30.
Más información en: http://www.compositionaldata.com/pages/codacourses.php

5.- Satellite Workshop on Spatio Temporal Statistic
The Spanish Region of the International Biometric Society is proud to announce the Satellite meeting of the IBC conference 2014. This Satellite meeting will be held in downtown Valencia (Spain) from July 13th to 15th 2014. The main topic will be Spatio-Temporal Statistics and in addition to invited speakers (Renato Assuncao, Annibale Biggeri, Janine Illian, Miguel-Ángel Martínez-Beneito, Raquel Menezes, Marc Sáez, Sujit Sahu and Lola Ugarte), there will also be a Special Session jointly organized with the International Society of Geospatial Health - GnosisGIS (http://www.gnosisgis.org).
Contributed papers (both oral presentations and posters) are welcome. People interested in presenting a paper are kindly invited to send an abstract by April 15th, via the web site. Acceptance notification will be sent by May 1st.
More information: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/index.php/es/congresos-cursos-y-seminarios/congresos-y-jornadas/221-satellite-workshop-on-spatio-temporal-statistics.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates