Novas SGAPEIO 23 abril 2014

1.- Actas da SGAPEIO
Están dispoñibles na web da SGAPEIO, no apartado de “A SOCIEDADE – Actas e informes” que ten acceso restrinxido a socios e socias, as seguintes actas:
- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO celebrada o 25 de outubro de 2013 no marco do XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
- Acta da reunión do Consello Executivo da SGAPEIO celebrada o 25 de marzo de 2014.

2.- Obradoiro de R
O Grupo de amigos de Linux de Pontevedra (GALPon), en colaboración coa Asociación Xuvenil Altamar, e coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza o obradoiro “R: Entornos gráficos e creación de paquetes”, dentro do 2º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar. Este obradoiro terá lugar en Vigoo día 26 de abril de 2014. Programa
- Introdución.
- Entornos de usuario para R.
- Desenvolvemento de entornos gráficos para os nosos programas.
- Distribución e publicación das nosas aplicacións: creación de paquetes.
O obradoiro é gratuíto pero é necesario inscribirse.
Máis información: https://www.galpon.org/content/sabados-libres-na-altamar-r-entornos-graficos-e-creacion-paquetes-0

3.- VIII Summer School MEIO
A Summer School do Master universitario en Estatística e Investigación Operativa (MEIO) da UPC-UB é un programa de formación especializada que aumenta a oferta de formación do Master, dos estudos de segundo ciclo da licenciatura de Ciencias e Técnicas Estatísticas, do grao en Estatística e dos programas de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa da UPC, en Estatística da UB e en Economía da UB.
Neste curso 2013-2014 celébrase a oitava edición da Summer School do MEIO cunha oferta de cursos aberta a tódolos membros da UPC, da UB, e das comunidades universitaria, científica e profesional en xeral.
- Período de inscrición: do 5 ao 9 de maio de 2014.
- Período de matrícula: do 12 ao 16 de maio de 2014.
O programa inclúe cursos de R, de Big Data e de simulación.
Máis información: https://meioupcub.masters.upc.edu/viii-summer-school-2014

4.- Escuela de Educación Matemática Miguel de Guzmán 2014
A Real Sociedad Matemática Española (RSME) e a Federación de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) organizan a oitava edición da Escuela de Educación Matemática "Miguel de Guzmán" en colaboración coa Universidad Complutense de Madrid (UCM) e o Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE). Esta edición leva por título “As matemáticas que necesitamos: creatividade e boas prácticas na educación obrigatoria” e terá lugar os días 9, 10 e 11 de xullo de 2014 na Facultade de Matemáticas da UCM.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1502/1/

5.- Congreso RSME 2015
O vindeiro congreso bienal da Real Sociedad Matemática Española (RSME) terá lugar do 2 ao 6 de febreiro de 2015 en Granada. Está prevista a celebración de sesións especiais, polo que o Comité Científico do congreso invita a todos os interesados en organizar dunha sesión a presentar a súa proposta antes do 20 de xuño de 2014.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1495/1/

6.- III Congreso de software libre para educación
O III Congreso de software libre para educación celebrarase en Santiago os días 1 e 2 de xullo de 2014. A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.
- Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar.
- Horario: de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.
- Horas de formación: 16 (solicitada homologación á Consellería de Educación).
- Envío de comunicación: ata o 1 de xuño de 2014.
Mais información: http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/126

7.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona 2014
O Servei d’Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
Curso de introdución aos modelos mixtos con R:
- Datas: 13-16 de maio de 2014.
- Horario: 10:00 a 13:00 e 15:00 a 18:00 h.
- Duración: 24 horas.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/content/curs-dintroducci%C3%B3-als-models-mixtes-amb-r-17

Curso de modelización estatística co paquete INLA de R:
- Datas: 4, 5 e 6 de xuño de 2014.
- Horario: 10:00 a 13:00 e 15:00 a 18:00 h (o día 6 só pola mañá).
- Duración: 15 horas.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/content/curs-de-modelitzaci%C3%B3-estad%C3%ADstica-amb-el-paquet-inla-dr

Curso de introducción á regresión loxística e ás curvas ROC:
- Datas: 14, 15 e 16 de xullo de 2014.
- Horario: 10:00 a 14:00.
- Duración: 24 horas.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/content/curs-dintroducci%C3%B3-la-regressi%C3%B3-log%C3%ADstica-i-les-corbes-roc-5

8.- Bolsas para análise de datos
A empresa PRAGSIS, de Madrid, ofrece 5 bolsas para o Departamento técnico de Big Data. Requisitos mínimos: estudantes de último curso, a falta de proxecto fin de carreira, de Enxeñería Técnica/Superior/Grao en Informática, Estatística ou Matemáticas ou recén concluído, con coñecementos en Análise de Datos, Técnicas de Modelado, Big Data... Coñecementos: análise de datos, big data, creación do modelo de datos, inglés, data mining, data modelling, interpretación de datos.
A empresa ofrece unha bolsa a tempo completo durante 6 meses con posibilidade de incorporarse á compañía con contrato indefinido e plan de formación.
Máis información: http://www.infojobs.net/madrid/beca-analisis-datos-data-scientist-big-data/of-iac9cf87c134a97af1bfab47a37f401

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates