O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca o XIV Certame Universitario "Arquímides" 2015 de Introdución á Investigación Científica (BOE nº 95 do 21 de abril de 2015). O obxecto desta convocatoria é a concesión de subvencións públicas coa finalidade de fomentar a combinación da docencia e a investigación nos nosos centros universitarios e favorecer as incorporacións dos novos estudantes ao ámbito investigador outorgando premios a proxectos orixinais de investigación científica e tecnolóxica realizados polos mesmos.

Requisitos: Estar cursando ou ter finalizado estudos de master, grao, licenciatura, enxeñería superior, arquitectura, diplomatura, enxeñería técnica ou arquitectura técnica nalgún dos centros españois nos que se imparten titulacións oficiais, durante o curso 2014-2015, sempre que se trate do primeiro master, grao, licenciatura, enxeñería ou diplomatura cursada.

Presentación de solicitudes: ata o 5 de xuño de 2015.

Máis información: BOE-21042015

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates