A Facultade de Matemáticas, a Facultade de Bioloxía e o Grupo interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía (GRIDECMB) da USC organizan un ciclo de conferencias cofinanciado pola Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT), no marco do proxecto "Bioestadística para Vivir y Cómo Vivir de la Estadística".

- Ciclo de Conferencias: "Bioestatística para Vivir".

- Data: 6 de maio de 2015.

- Horario: de 16:00 a 19:30.

- Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC (Campus Vida).

Este ciclo de conferencias pretende fomentar e poñer en valor:

- O uso de aproximacións multidisciplinares para, dende un punto de vista estatístico, resolver cuestións en diversas disciplinas: Medicina, Bioloxía ou Medioambente.

- A necesidade de profesionais con perfís transversais a diferentes áreas de coñecemento.

- O diálogo informal entre especialistas de diferentes disciplinas.

Por isto, esta xornada reúne a alumnos da Universidade, profesionais en distintos ámbitos científicos e tecnolóxicos, e en xeral a todas aquelas persoas con interese en coñecer como a estatística pode axudar a resolver cuestións de tipo científico.

Para poder acudir á xornada é preciso formalizar a inscrición online (o prazo finalizará o día 5 de maio de 2015). Ademais, o ciclo de conferencias será retransmitido en directo a través da USC TV. Link de acceso: tv.usc.es/directo2.html.

Máis información: Conferencias

 

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates