Está aberta a convocatoria da terceira edición do certame INNOVACIENCIA, o concurso de proxectos científicos para menores de 30 anos organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

O certame premia ideas e proxectos orixinais, referidos a calquera área científico-técnica. Acéptanse perspectivas variadas (proxecto científico e innovador, deseño de novos procesos e produtos, etc.) e cada candidatura pode presentarse individualmente ou en grupo.

O concurso está dotado cos seguintes premios:

- Primeiro premio: 2.500 € + iPad.

- Segundo premio: 2.000 € + iPad.

Presentación de traballos: ata o 2 de setembro de 2015.

Máis información: INNOVACIENCIA

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates