O día 1 de outubro o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago de Compostela acollerá a II Xornada de Usuarios de R en Galicia. Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e obradoiros co fin de promover o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións. Este encontro pretende servir de punto de unión para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade.

Dende a organización do evento convidan a compartir ideas sobre esta xornada, presentar unha charla sobre algún tema de interese ou organizar un obradoiro, para iso é preciso contactar con eles a través do formulario de contacto. A inscrición é de balde, e de libre acceso.

O evento dará comezo ás 9.30 horas coa chegada de asistentes e recollida de material para seguir ás 10.00 horas coa sesión de apertura a cargo de Rafael Rodríguez, presidente de MeLiSA, Miguel Ánel Rodríguez, membro do comité organizador (MeLiSA) e Alfonso Blasco, director do CNTG. Logo intervirán (novamente) Rafael Rodríguez (Atréteve con R), Salvador Naya e Javier Tarrío (Aplicacións de R fiabilidade), Marcos Fernández (Uso de R na administración: procesamento de expedientes e automatización de tarefas) ou Isabel Martínez (PREBED, software de avaliación odontolóxica).

Máis información: Xornada

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates