Dende o día 29 de outubro ao día 20 de novembro  estará dispoñible para a súa visita a exposición de estatística "Explorística" no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela (C/San Lázaro, 107). Esta exposición está concibida para ilustrar experimentalmente algúns conceptos da Estatística e de Probabilidades aos alumnos de ESO/Bacharelato. É unha iniciativa da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE), coa que SGAPEIO colabora de xeito habitual, e Ciencia Viva. O obxectivo principal desta exposición é achegar ao profesorado asistente ideas innovadoras de investigacións estatísticas sinxelas e amenas para levar á aula.

Os profesores interesados en facer unha visita guiada á exposición cos seus alumnos de ESO/Bacharelato deben concertar unha cita enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. especificando o día e a hora no que están interesado en facer a visita. O resto das persoas interesadas poden visitar a exposición gratuitamente nos horarios de visita do MUPEGA.

Máis información: http://www.exploristica.com

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates