Os coordinadores do grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estadística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) seleccionan candidatos para a realización da súa tese de doutoramento no grupo MODES.

O perfil dos candidatos é o dun graduado en Matemáticas ou Informática que teña completado un primeiro curso de master ou que o veña cursando na actualidade.

Os seleccionados poderán ser contratados con cargo a algún dos proxectos de investigación vixentes do grupo MODES. Ademais poderán solicitar, conxuntamente co grupo MODES, unha axuda para a formación de profesorado universitario (FPU), dos subprogramas de Formación e de Movilidade incluídos no Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016.

As persoas interesadas deben enviar urxentemente unha mensaxe, acompañada da copia electrónica do seu expediente académico, ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. non máis tarde do día 16 de decembro de 2015.

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates