O VIII International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMA VIII) terá lugar en Valencia do 1 ao 3 de xuño de 2016. O obxectivo desta reunión é promover o desenvolvemento e a aplicación de métodos de estatística espacial, temporal e, fundamentalmente, espacio-temporal en diferentes campos relacionados coas Ciencias Medio ambientais.

O programa científico inclúe sesións invitadas especiais sobre teoría, métodos e aplicacións dos temas obxecto do congreso, así como contribucións dos participantes.

Datas importantes:

- Inscrición reducida: ata o 2 de maio de 2016.

- Envío de resumos: ata o 1 de marzo de 2016.

- Comunicación da aceptación de resumos: 16 de marzo de 2016.

Máis información: METMA-VIII

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates