Está aberta a convocatoria da Olimpíada Matemática Galega 2016 de 2º da ESO, un evento organizado por AGAPEMA e dirixido á procura dun ensino das Matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión. A fase final terá lugar na cidade de Lugo.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:

- Inscrición dos centros: ata o 29 de febreiro.

- Inscrición do alumnado: ata o 28 de marzo.

- Fase de zona: 21 de abril, 10:30 h.

- Fase final galega: 19 de maio.

Máis información: Olimpíada2016

2017  SGAPEIO   globbers joomla templates